REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

BO DÍA:

Segundo a Publicación da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicase Xustiza pola que se dá publicidade a diversos acordos do Cecop (Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma) do 5 de maio de 2020 e publicado no DOG número 86 do 6 de maio de 2020  que podedes consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html

 

 

ACÓRDASE:

RESTABLECER O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, POLO TEMPO QUE RESTABA CANDO SE DECLAROU O ESTADO DE ALARMA, DE XEITO QUE SE INICIARÁ O DÍA 11 DE MAIO DE 2020 E REMATARÁ O DÍA 18 DO MESMO MES.

 

Na mesma resolución establécese que nos centros de menos de seis unidades (como é o noso) é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos.

 

En función do cal acordo:

 

Establecer un horario de atención ao público durante do 11 ao 18 de maio (ambos inclusive) de 10:00 a 12:00 ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE PARA AS TAREFAS ADMINISTRATIVAS ARRIBA INDICADAS

Fóra dese horario podedes chamar ao teléfono 988-788-287

 

Recibide tod@s un cordial saúdo!!! 

O director:

Carlos Iglesias Álvarez