Blogues

Tarefas para estes días

Bo día a TOD@S:

Como levades o confinamento polo coronavirus?

Queremos mandar a toda a Comunidade Educativa unha mensaxe de ánimo así coma o desexo de superar esta situación entre tod@s co apoio e compromiso de cada un/unha de nós!!

Por favor tratade de manter unha serie de rutinas diarias e tamén de actividade lectiva, xa sexa lendo, repasando ou mesmo adentrándovos en temas novos (para o apoio que necesitedes podedes contactar co profesorado a través do wasap, do correo electrónico, ceip.eulogio.gomez.franqueira@edu.xunta.es,  ou do centro ou por teléfono: 988-788-287)

A continuación, a parte das tarefas colgadas para cada curso na barra lateral de Alumnado, indicamos o enlace dunha páxinas web que traballan practicamente todas as áreas de todos os niveis educativos. Tede coiddo porque algunhas delas piden rexistro (e o conseguinte pago) así que tratade de evitalas.

En caso de non poder imprimir as fichas podedes copianal na libreta e facelas!!!!

Non vos agobiedes con tarefas, traballar un pouco todos os días pero sen perder a cabeza!!!

Unha aperta a tod@s!!

http://www.ceiploreto.es/   con moitas actividades on-line con AUTOCORRECCIÓN e MOI COMPLETA, na que están recollidos os libros da editorial SM

https://www.mundoprimaria.com/

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante e a suspensión da actividade lectiva por mor do coronavirus COVID-19, comunicamos a todas as familias que nesta páxina web, NA BARRA LATERAL DEREITA DO MENÚ no apartado de ALUMNADO  iremos colgando diferentes enlaces e tarefas para que o alumnado poda traballar na casa. 

Este é o correo electrónico do centro por se queredes facer calquera consulta:

ceip.eulogio.gomez.franqueira@edu.xunta.es 

Tamén podedes chamar ao 988-788-287 en horario de 10:00 a 13:00

 

Recordade tamén que o procesos de admisión do novo alumnado queda suspendido (remataba o vindeiro 20 de marzo)

COMEZA A ANDAR A AULA MADRUGADORA

O vindeiro luns día 6 de maio comezará a funcionar a aula de atención matinal para o alumnado do noso centro, a "Aula Madrugadora"

Este servizo conta coa colaboración co propio centro, da ANPA e do Concello de San Amaro.

A atención será dende as 7:30 ata a hora de entrada ás clases, as 9:30, e conta coa posibilidade de que o alumnado poda almorzar na propia aula.

Os prezos deste servizo son os seguintes (almorcen ou non)

- Atención mensual dun alumno/a .............. 15 € / mes

- No caso de ser dous/dúas irmáns/ás......... 25 € / mes (polos dous/dúas)

- Uso do servizo en días puntuais................  2€ / día

Dende o centro queremos agradecer á Presidenta da ANPA todo o traballo e implicación para poder ofertar este servizo á Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, e tamén ao Concello de San Amaro a súa colaboración (preparando o espazo que se vaia a utilizar) e financiamento (sen o cal non sería posible ofertar uns prezos tan económicos).

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019 - 2020

INFORMAMOS A TOD@ @S INTERESADOS QUE DENDE O DÍA 1 E ATA O DÍA 20 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

 

PODEDES CONSULTAR A INFORMACIÓN E MESMO PRESENTAR AS VOSAS SOLICITUDES NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

OU PODEDES CUBRIR A VOSA SOLICITUDE, IMPRIMILA E TRAELA POLO COLE NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed550a-g_1.pdf

 

SE ESTADES INTERESAD@S NO NOSO COLE O NOSO CÓDIGO É: 32015921, E NON DUBIDEDES EN PASAR A VIITARNOS OU CONTACTAR CON NÓS ANTE CALQUERA DÚBIDA.

Estrada O Piñeiral, s/n - 32455 - San Amaro (Ourense) 

Tfno: 988 788 288

email: ceip.eulogio.gomez.franqueira@edu.xunta.es 

O CEIP PLURILINGÜE EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA OFRECE PARA @S VOS@S FILL@S:

- UN AMBIENTE E UN TRATO FAMILIAR.

- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR (PARA O ALUMNADO CENSADO NO CONCELLO DE SAN AMARO) CONTANDO CON COCIÑEIRA PROPIA (NON É CATERING).

- AULAS MODERNAS E DIXITALIZADAS.

- TRABALLO POR PROXECTOS EN ED. INFANTIL.

- SOMOS UN CEIP PLURILINGÜE E PLURIINFANTIL (COMEZANDO A TRABALLA O INGLÉS DENDE OS PRIMEIROS ANOS) CUNHA LECTORA TRES DÍAS Á SEMANA COA QUE O ALUMNADO TEN AS SÚAS SESIÓNS DE CONVERSA INDIVIDUAIS TODAS AS SEMANAS.

- EN 4º E 6º DE PRIMARIA O ALUMNADO GOZA DO CONTACTO CUNHA SEGUNDA LINGUA EXTRANXEIRA (FRANCÉS) PARA QUE AO CHEGAR AO INSTITUTO (OBRIGATORIA) XA LEVEN ALGO DE CAMIÑO FEITO.

- PARTICIPAMOS EN ACTIVIDADES COMA O PLAN PROXECTA (DE INNOVACIÓN EDUCATIVA), NO PROXECTO VOZ NATURA, NO PROGRAMA FOLLAS DE VIDA (DE INTERCAMBIO INTERXENERACIONAL).

Tarefas para casa

ACTIVIDADES PARA 4º DE INFANTIL

  •   Podedes lerlles o conto Rosa contra el virus .

  •   Facer marionetas das distintas profesións ás que estos días tanto temos que agradecer e que

    están expostos nas rúas e nos seus traballos a contaxiarse (enfermeiras,médicos,camioneiros, ...)

  •   Facer cunha tea un mural para poner na fiestra cun debuxo e una mensaxe de apoio a estes

    profesionais e a outros nenos e nenas que, coma vos, teñen que estar na casa estes días.

  •   Lerlles contos e facer un debuxo deles.

  •   Xogar con plastilina,puzzles,...

  •   Picar.

PROFESORADO NO CURSO 2022 - 2023

No curso 2022/ 2023 a plantilla de profesorado do noso centro está formada por:

 

Titora de 5º e 6º, Especialista en Música: Dna. Irene Domínguez Couto

Titora e especialista de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Dna. Begoña Conde

Titora de 1º e 2º de primaria e profesora de PT: Dna. Iria Bello Fernández

Titora de 3º e 4º de primaria, especialista en Educación Física: Dna. Soraya Miranda Alvar

Director, mestre en inglés e plástica: Dn. Rubén Febrero Quintairos

 

 

Ademais contamos coas seguintes especialistas que itineran con outros centros:

 

Especialista en Audición e Linguaxe: Dna. Nerea Magide López 

Especialista en Pedagoxía Terapéutica: Dna. Iria Bello Fernández

Especialista en  Religión Católica: Dna. María Elena Pumar Barreiros ( no noso centro os luns pola mañá e os martes pola tarde)

Especialista en Orientación Psicopedagóxica: Dna. María Dolores López Lorenzo (os xoves cada dúas semanas)

 

Dentro do persoal Laboral contamos cos servizos de:

Coidadora: Dna. Marta Rodríguez Pérez

Cociñeira: Dna. Gema López Rangel

BLOGUE DE EDUCACIÓN INFANTIL

Nesta sección, a profe de educación infantil Cristina, amosarálles o traballo diario dos seus alumnos e alumnas.

Distribuir contido