Blogue de admin

SEMANA DO LIBRO 2021

SEMANA DO LIBRO

Boas familias,

Como xa saberedes estamos inmersos na semana do libro. Como cada ano o 23 de abril célebrase o día do libro.

Este ano, debido á COVID, o número de actividades a realizar son máis reducidas; non obstante dende a biblio seguirase a fomentar o gusto e a paixón pola lectura, con pequeniñas actividades; así como dende as titorías.

Aproveitade para ler un libro é pasar un bo rato en familia.

 

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" (Cervantes).

 

Rosalía de Castro como seña do CEIP EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA

SORPRESA!!

Coa volta das vacacións de Semana Santa atopámonos unha grande sorpresa... a figura de ROSALÍA DE CASTRO ficaba nunha das paredes do noso patio en forma dun gran mural!

Moitas grazas a Atípico polo traballo levado a cabo.

 

Dende o centro apostamos para que a identidade e ideoloxía de Rosalía, trascenda nas nosas nenas e nenos, traballando un modelo coeducativo e inclusivo dende os máis cativos.

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

Aberto prazo de matrícula

Aberto prazo de matrícula do noso centro

 

Bos días,

queda aberto o prazo de matrícula para o curso 2021-2022.

 

Do 1 ao 22 de marzo.

 

Vén a coñecernos!

 

 

988/78-82-88

ceip.eulogio.gomez.franueira@edu.xunta.gal

Plan de convivencia

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO

 

DEIXAMOS O PLAN DE CONVIVENCIA DE CENTRO PARA O VOSO INTERESE.

Menú do comedor MARZO

Boas familias,

Deixamos aquí o menú do comedor deste mes de marzo.

Saúdos e moito ánimo para todxs.

 

Entroido 2021

CHEGOUUU O ENTROIDO A SAN AMAAAAAROOO!

 

A pesar da situación que estamos a vivir, o entroido seguíu tendo cabida un ano máis en San Amaro. Disfrutamos dunha semana chea de risas, adornos, diversión, coñecemento da inmensa cultura de entroido que temos na provincia de Ourense, de disfraces...

Os rapaces e repazas pasárono en grande e, mostra diso, aquí vos deixamos unhas imaxes.

Feliz entroido para todas/os. Moito sentidiño e resposabilidade.

Menú comedor febreiro

Boas familias,

Deixámosvos o menú deste mes de febreiro.

Saúdos para todoxs!

Menú do comedor. Mes de decembro.

Boas a todxs,

Colgamos o menú do comedor do derradeiro mes deste primeiro trimestre.

Horarios espello

Bos días,

Para o voso interese, publicitamos os horarios a seguir en caso de confinamento dos diferenrtes cursos, así como os diferentes plans de traballo de cada aula e mestre.

O obxectivo será manter en todo momento o proceso de ensinanza-aprendizaxe de xeito telemático e organizado, o contacto de todo o grupo e cos mestres... no caso de que as clases presenciais fosen suspendidas.

Un saúdo

Distribuir contido