Skip to Content

 

   

OS MAIOS 2020- FERROL EN FRORES CUBERTO

Grazas a todas e todos polas vosas fotos e maios, desta maneira as nosas casas están máis bonitas e fermosas con este bo tempo que nos acompaña. 

 Fixemos un álbum para que poidades ver as marabillosas obras do noso alumnado.

UXÍA LAMBONA E ROSCÓN

Aquí tedes o vídeo que nos adica Uxía Lambona.

INSTRUCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 INFORMACIÓN EN RELACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DO 3ºTRIMESTRE

 

Recibidas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, este centro concreta os seguintes puntos:

 

1. OBXECTIVO FUNDAMENTAL

O equipo docente do CEIP de Esteiro ten como obxectivo fundamental garantir que todo o alumnado quede incluído no proceso de aprendizaxe durante o estado de alarma, sendo o noso deber e responsabilidade favorecer na medida das nosas posibilidades o desenvolvemento das tarefas en condicións que promovan o benestar emocional tanto do alumnado como das súas familias.

 

2. CONTINUIDADE DO CALENDARIO ESCOLAR

As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 19/20, sempre condicionadas pola situación sanitaria, non se estenderán máis alá do 19 de xuño do 2020.

Durante este tempo os docentes continuaremos coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan ao noso alumnado manterse incorporado á aprendizaxe continua, suscitando o seu interese por aprender, de modo non presencial.

 

3. ACTIVIDADES E TAREFAS

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaranse actividades globalizadoras e interdisciplinares.

A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.

É recomendable a súa realización para non desvincularse do hábito de estudio e de traballo durante este tempo de confinamento e garantir así unha óptima reincorporación á vida escolar e académica dos nenos e nenas.

Estas actividades estarán colgadas nesta web na sección correspondente á etapa e nivel do/da voso/a fillo/a. 

 

4. CONTIDOS E PROGRAMACIÓN

A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado.

O centro e o profesorado revisarán os currículos e as programación didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

A programación do vindeiro curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias, adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir.

As programacións estarán dispoñibles na páxina web do centro.

 

5. AVALIACIÓN

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

 

6. COMUNICACIÓN DO PROFESORADO COAS FAMILIAS

O profesorado do centro está á vosa disposición e á do alumnado para poder axudar e tentar buscar solucións no desenvolvemento das actividades ou resolver as dúbidas académicas que xurdan.

Os titores e especialistas adoptaron diversas canles de comunicación coas familias dos que xa sodes coñecedores (videoconferencia, teléfono, correo electrónico, etc).

Os profesores/as prestarán especial atención a identificar o alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado de ditos plans específicos á inspección educativa.

 

7. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL FUNXIBLE

Os libros de texto e o material funxible permanecen nas aulas a día de hoxe, e será entregado ás familias cando as circunstancias sanitarias o permitan.
Asimesmo os equipos Edixgal do alumnado de 6º será devolto ao centro educativo nas datas e horas que se vos comunicarán.

 

En Ferrol, 5 de maio de 2020

O Equipo Docente.

 

No vínculo tedes todas as instrucións relativas a este TERCEIRO TRIMESTRE.

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

PRE-PRIMARY ENGLISH WORK 4TH-8TH OF MAY

We're going to start remembering what we studied along this year. The task is absolutely volunteer.

'Imos lembrar o estudado ao longo deste ano'

 

 

7ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día familias!!! 

Como van eses paseos? Supoñemos que desfrutándoos moito.

Continuades axudando na cociña? Lembrades os menús que deseñaba a/o encargarda/o cada día?                                      

          Esta semana ímosvos convidar a que elaboredes un deses pratos tan saborosos que lle axudades a preparar a papá ou a mamá, e que nos enviedes a receita. Pode ser un primeiro prato, un segundo ou unha sobremesa, o que máis vos apeteza. Para facilitarvos o traballo deixámosvos un modelo de receita (ver adxunto na parte inferior esquerda) con debuxos e etiquetas dos ingredientes máis utilizados e das accións máis comúns. As nosas recomendacións son as seguintes: 

  • 3 anos: colorear e recortar os debuxos que vos veñan ben do modelo, e debuxar e colorear os ingredientes e accións que vos falten. Pegar nos apartados de ingredientes e elaboración segundo corresponda.
  • 4 anos: debuxar e escribir os ingredientes e accións que non aparezan no modelo; se aparecen todos podedes alternar os proporcionados cos debuxados e escritos por vos. Unha vez que os teñades todos, pegar nos apartados correpondentes tendo coidado de ordear debidamente as accións da preparación.
  • 5 anos: debuxar e escribir toda a receita. Se se vos fai moito, podedes combinar escritura e etiquetas igual que os de 4 anos. Non esquezades anotar as cantidades.

Boa semana e bo proveito chefs!!! Canso

Novas propostas do Departamento de Orientación

Boas familias!!

Que tal van eses paseos 1-1-1-1?? 

Hoxe deixamos dúas novas propostas relacionadas coas emocións. Unha delas é un documento con enlaces a publicacións realizadas pola psicólago infantil Carmen Esteban e a outra un xogo sobre os medos.

Un saúdo e pasade unha boa ponte!!

música INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS

OLA PEQUENOS E PEQUENAS!!!!!, ESTA SEMANA PROPOÑO QUE CANTEDES CON TODA A FAMILIA A CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA VERDESCENTE, XA QUE LOGO PODEDES GRAVAR UN VÍDEO E ENVIALO AO COLE PARA COLGAR POLAS LETRAS GALEGAS, E QUE OUTROS COLES DE GALICIA QUE PARTICIPAN PODAN VELOS.

DEIXO ADEMAIS UN ENLACE PARA QUE PRACTIQUEDES UNHA CANCIÓN E APRENDADES O ACOMPAÑAMENTO CON PERCUSIÓN CORPORAL 

 

UXÍA LAMBONA VERDESCENTE

 

CANCIÓN DO CAN CHAMADO BINGO CON PERCUSIÓN CORPORAL

 

GuiñoMOREAS DE BICOS!!!!

MÚSICA 2º PRIMARIA 30 ABRIL

OLA A TODOS E TODAS , POÑO ESTA SEMANA UN ENLACE A UNHA PÁXINA MOI INTERESANTE PARA QUE PRACTIQUEDES OS RITMOS CON NEGRAS E CORCHEAS.

ÁNIMO!!!

 

CLIKA PARA PRACTICAR NEGRAS E CORCHEAS

E NON ESQUEZADES GRAVAR COA FAMILIA A CANCIÓN "VERDESCENTE" PARA AS LETRAS GALEGAS, (ANTES DO 14 DE MAIO).

VERDESCENTE Uxía lambona e a banda molona

 

 

CIENCIAS SOCIAIS 3º PRIMARIA 30 ABRIL

OLA DE NOVO, TEDES UNHA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA 5 PARA FACER ESTE FINDE (XA ESTÁ ASIGNADA NA AULA VIRTUAL), ASÍ COMA OS EXERCICIOS DA PÁXINA 97, OS CALES ADXUNTO NUNHA CAPTURA DE PANTALLA.

A VER SE MELLORA O TEMPO PARA ESES PASEOS DUNHA HORA!!!

ÁNIMO E SAÚDE!!Guay

música 3º primaria 30 abril

Bo día a pesar da choiva!!!!, hoxe poño un enlace para que practiquedes un pouco de frauta a ritmo de Nova Orleans, e unha ficha para repasar as notas no pentagrama.

clika para aprender OH WHEN THE SAINTS

 

AHHH, E LEMBRADE GRAVAR A CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA PARA AS LETRAS GALEGAS (ANTES DO 14 DE MAIO)!!!!!, ÁNIMO!!

UXÍA LAMBONA "VERDESCENTE"

 

SAÚDE!!!Guay

Distribuir contido


by Dr. Radut