Skip to Content

 

   

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este ano retomamos a actividade dos apadriñamentos lectores, despois de varios cursos con certas limitacións nas interaccións entre grupos. O alumnado de 5º e 6º de primaria preparou unhas lecturas para os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil, respectivamente. 

Primeiro houbo un encontro na biblioteca para coñecerse, falar dos seus gustos e crear un pequeno vínculo. Despois nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acudiron á biblioteca para atopar unha lectura axeitada e preparala nas aulas. 

Finalmente produciuse un novo encontro, ao aire libre, no que se realizaron as lecturas. Premendo na primeira imaxe poderedes ver un video da actividade. 

 

 

LECTURAS FAVORITAS

O remate de curso invita a reflexionar, tamén no eido da biblioteca escolar. Porén, elaboramos un mural coas lecturas favoritas deste ano para o alumnado de infantil e primaria. 

Narval, Mortiña, Pitufos, Gummball, Sonríe, o Polo Pepe, os contos de Bumba ou clásicos, como "Os tres porquiños" están entre os favoritos da nosa biblioteca. 

 

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2023

Para conmemorar o Día do Libro o Equipo de Biblioteca organizou unha nova edición do concurso "O Preguntón".  Este ano convertímolo nun xogo de pistas, que se desenvolveu entre a biblioteca da escola e o Museo do Xogo Popular, dinamizando así este espazo do colexio. Premendo na imaxe poderedes ver un video do alumnado participando no xogo. 

UN NOME PARA A RADIO ESCOLAR

Este curso o noso centro foi aceptado dentro do programa "Radio na Biblio" así que o Equipo de Biblioteca convocou un concurso para atopar un nome e logotipo para a nosa radio escolar.  Premendo no enlace poderedes ver no blog da biblioteca todos os debuxos participantes. En breve saberemos o escollido!

 

SCAPE ROOM POLO DÍA DO LIBRO

Dese hai anos, na nosa escola, celebramos o Día do Libro cun concurso: O Preguntón.  Este curso o formato será coma un xogo de pistas, que estarán pola biblioteca e polo Museo do Xogo Popular. A semana do 24 ao 28 de abril todos os nenos e nenas participarán neste xogo, que esperemos sexa didáctico e divertido. Xa está todo preparado!

 

COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES - NOVO MODELO

Implantación do novo modelo de Competencias Profesionais Docentes.

Máis información no arquivo adxunto.

PANEIS INTERACTIVOS 75 POLGADAS

CONCELLO DE FERROL - O TALENTIÑO

“O Talentiño” o Certame de novos talentos artísticos

O tecido veciñal de Canido xunto á Concellería de Cultura do Concello de Ferrol intentan buscar novos talentos xovenes das artes musicais e da danza nun concurso baixo o nome de “O talentiño”.

A “O Talentiño” poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas ferroláns con idades entre 6 e 18 anos (ampliamos idades debido á gran acollida de público), ambas idades incluídas, que residan ou estuden na cidade de Ferrol e realicen algunha(s) das seguintes actividades artísticas: cantar, interpretación de instrumentos musicais e danza. Establécense 2 categorías de participación: – Categoría A: Música (Canto ou interpretación de Instrumentos musicais) – Categoría B: Danza.



PROCESO DE SELECCIÓN

O gañador de cada categoría elixirase nun proceso de dúas rondas. A primeira fase de preselección, aberta xa ata o 15 de abril consistirá no envio de videos e anexos de inscrición ao correo talentocanidofest@gmail.com<mailto:talentocanidofest@gmail.com>

As propostas seleccionadas concursarán o 30 de abriL nun festival que servirá de antesala ás festas dos maios. Tratarase dun festival que será presentado polos músicos ferroláns Joaquín Enríquez e Elisa Esperante e que contará como xurado con: Lucía Pérez (catante eurovisiva) Xabier Vizcaino (músico e compositor) e Eva Faraldo (profesora de música e danza).

Os seleccionados pasarán a formar parte dun catálogo web de xóvenes talentos, e os gañadores obterán un vale para gastar en comercios locais.

Toda a información e bases poden consultarse na web http://talentos.avcanido.org<http://talentos.avcanido.org/> ou no instagram @otalentino

Recibide un cordial Saúdo.

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No catálogo da nosa biblioteca contamos con moitas lecturas sobre igualdade, e agora podedes consultar cales son no catálogo online. Podedes acceder premendo no seguinte enlace: 

https://ceipesteiro.edubib.xunta.gal/

Na parte superior esquerda aparece "Listas":

Cando despregamos aparecen as listas públicas do catálogo, entre elas "Libros para o 8M":

Moitos destes libros están circulando polas aulas co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, pero están á disposición da comunidade educativa durante todo o curso. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut