Bos días, familias.
A partir de hoxe comezamos a traballar cos cadernos do 3º trimestre.
Adxunto unha programación semanal destes e unha organización das tarefas propostas polos especialistas (podedes acceder a estas a través dos hipervínculos).
Debido a situación que estamos atravesando, as dificultades de conciliación laborais, de recursos, de tempo... programei de tal forma que as tarefas non deberan exceder as 2 horas de estudo. Se é así podedes retirarllas e continuar noutro momento ou noutro día.
Tamén organicei as materias por días, deste xeito espero que se vos facilite un pouco o traballo.
Da mesma forma, se alguén o considera oportuno segundo as súas circunstancias, ten a posibilidade de completar os exercicios restantes das páxinas indicadas para cada día.
Espero poder facer en breve con vós unha reunión a través da plataforma Webex para tratar estes e outros aspectos. Mentres tanto, se tedes calquera consulta, non dubidedes en escribirme por Espazo Abalar ou por mail a albertoconejo@edu.xunta.gal .
Editado: Correxido o erro do caderno de lingua galega. Modificamos a última tarefa do xoves cambiandoa por unha proposta de Dani, o especilista de Ed. Musical.
Ánimo.