Skip to Content

 

   

Blogues

MÚSICA 3º PRIMARIA XOVES 7 DE MAIO

Ola de novo, para música ides ver un vídeo e despois podedes facer unha ficha, imprimila ou copiala na libreta dos instrumentos de corda fretada que soan no seguinte musicograma da PRIMAVERA DE VIVALDI

 

Segue o musicograma da peza “A Primavera de Vivaldi” podes dar unha palmada cada vez que a abelliña se pousa nun debuxo. Fíxate que os debuxos grandes indican palmada forte e os pequenos suave(piano). Se te atreves a complicalo un pouco podes escoller unha forma de percutir diferente para cada debuxo (por exemplo: coas flores palmada, coas árbores pisada…) deixa voar a túa imaxinación e fai música con todo o corpo. Que familia de instrumentos escoitas na audición?

 

VÍDEO INSTRUMENTOS CORDA FRETADA

 

MUSICOGRAMA PRIMAVERA DE VIVALDI

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

música para 2º de primaria 7 de maio

Bo día a todos e todas, propóñovos facer esta actividade para esta semana:

Segue o musicograma da peza “A Primavera de Vivaldi” podes dar unha palmada cada vez que a abelliña se pousa nun debuxo. Fíxate que os debuxos grandes indican palmada forte e os pequenos suave(piano). Se te atreves a complicalo un pouco podes escoller unha forma de percutir diferente para cada debuxo (por exemplo: coas flores palmada, coas árbores pisada…) deixa voar a túa imaxinación e fai música con todo o corpo. Que familia de instrumentos escoitas na audición? Debuxa un e escribe o seu nome. 

 

MUSICOGRAMA A PRIMAVERA DE VIVALDI

 

Que tal van os vídeos da canción de Uxía Lambona e a banda molona.

Espero que estedes animados e animadas!!!

 

dedicatoria de Uxía Lambona para os nenos e nenas de EsteiroSorriso

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º PRIMARIA

Bo día a todos e todas, hoxe imos ver un tema de ciencias naturais, o tema 5, que é unha ampliación do tema anterior, OS MATERIAIS, neste caso a enerxía que producen ou poden producir os mesmos. Para elo adxunto captura de pantalla das páxinas 78, 79, 80 e 81, das cales podedes facer as actividades da 78 e os exercicios da 81 na libreta, e a ficha que adxunto (que xa está asignada a 16 de vos na aula virtual), os que non estades na aula virtual podedes mandar unha foto ao meu correo.

saúdos!!!

3º E. Primaria. Xoves 7 de maio.

Ola familias!!

Este é o traballo do xoves:

  • Algunha actividade de Ciencias.
  • Mates, ides facer traballo de gráficas.
  • Música e inglés, algunha actividade.
  • Plástica, tedes que facer unha portada moi especial.

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, mércores 6 de maio

Bo día, xa somos 15 na aula virtual, se alguén segue a ter problemas para entrar que se poña en contacto conmigo polo email: daniel.agullo@edu.xunta.gal e falamos con sm para que vos poñan en contacto co servizo técnico.

Hoxe propoño un exercicio de repaso dos 5 temas de sociais. Lede con atención as preguntas e lembrade que non é avaliable.

saúdos!!

3º E. Primaria. Mércores 6 de maio

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Empezade por algunha actividade de Ciencias e Inglés.
  • Contas da semana.
  • Relixión e E.Valores. Tedes ficha divertida.
  • Galego, aplicamos a regra da V.
  • Castelá, repaso da sílaba.

música para 4º primaria

Ola a todos e todas, hoxe vos propoño unha nova canción para frauta COAS NOTAS DO, RE ,MI, FA, SOL E LA, TEDES UN ENLACE A UN TITORIAL MOI BEN EXPLICADO DEBAIXO.

ADEMAIS, ANIMÁDEVOS A CANTAR E GRAVAR NUN VÍDEO A CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA PARA COMPARTIR CON OUTROS COLES POLAS LETRAS GALEGAS.

ÁNIMO !!!!

CANCIÓN TWINKLE TWINKLE LITTLE STAR PARA FRAUTA

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIRO

 

SAÚDOS E ANIMÁDEVOS!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut