E. Dinamización da Lingua Galega
CALENDARIO 2014: CONCURSO PARA ILUSTRALO
Posted Novembro 20th, 2013 by xurxoboDesde hai moitos anos vimos realizando o noso calendario e queremos continuar. Solicitamos axuda para as ilustracións. Aquí podedes ver dous destes anos pasados. Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...
As coplas serían : Só depende d@s galeg@s,/ que esta lingua siga viva/ Axudamos se falamos/ con amor e alegría. E a de Rosalía de Castro: Que así mo pediron,/ que así mo mandaron,/ que cante, que cante,/ na lingua que eu falo.
O prazo para a entrega rematará o martes día 26 de novembro. O calendario gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e intercambiarase tamén con centros da zona.
Moi agradecidos.
XA TEMOS O NOSO CALENDARIO 2014! MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON!
COS NOSOS MELLORES DESEXOS, QUE PASEDES MOI BOAS FESTAS E UN FELIZ ANO 2014!
3º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Outubro 1st, 2013 by xurxobo
XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE ADHESIVOS
Posted Septembro 10th, 2013 by xurxoboMOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON E COLABORARON NESTE CONCURSO.
Este foi o adhesivo gañador
Xa sabedes que só pode gañar un dos traballos presentados, pero queremos que recibades o noso agradecemento. Vós facedes posibles as nosas actividades.
VOLVEMOS COA NOSA REVISTA ESCOLAR
Posted Agosto 26th, 2013 by xurxoboAgradecemos moito que traiades ao colexio o último número da revista escolar, deste mes de xuño do 2013.
CONCURSO DE ADHESIVOS
Posted Maio 6th, 2013 by xurxobo
Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega. Aquí podedes ver algúns destes anos pasados. Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...
O prazo para a entrega rematará o luns día 3 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.
A persoa gañadora poderá elixir como premio un cd ou libro-cd con cancións galegas que poidamos conseguir no mercado.
Recursos "Roberto Vidal Bolaño" Letras Galegas 2013
Posted Maio 5th, 2013 by amarcosAquí tedes unha chea de recursos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, enlace á páxina da Coordinadora Galega de ENDL:
Non vos esquezades de probar nestoutros enlaces http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013
O Entroido 2013
Posted Febreiro 1st, 2013 by amarcosChega o Entroido! Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces.
A continuación, presentámosvos unha serie de recursos sobre o Entroido que, xenerosamente, teñen posto á nosa disposición diversos compañeiros doutros colexios. Aprendede e disfrutade con eles!
Vieiros na escola. Monográfico sobre o entroido na provincia de Ourense
Queremos agradecer moito estas achegas do compañeiro XOSÉ ANTÓN VICENTE.
Poden servir de moito proveito. Probádeas e comentamos. Moitas grazas.
O entroido en Galicia: https://dl.dropbox.com/u/6077771/entroido/index.html
ALEGRIA
Posted Xaneiro 14th, 2013 by amarcosEsta é a canción que imos cantar o Día da Paz: Alegría ("María Fumaça") Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día. O día amañece; e con el o noso sol, brillante e colorido; nun sorriso alto, astral. Ás veces é a chuvia que nos ven despertar; mais sempre todo o día, a alegría vai estar. Alegría, uuuuh!... Hai días que desperto e síntome feliz. Eu salto entón da cama, eu quero ser máis feliz. O día vai pasando, e a alegría vou xuntando; a noite ven chegando, a alegría está sobrando. Alegría, uuuuh!...
CALENDARIO 2013 - C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Xaneiro 12th, 2013 by xurxoboComo nos comunican que o calendario do noso centro para este ano 2013 non lles chegou a varias persoas que tiñan interese en telo, podedes agora imprimilo desde aquí. Queda mellor se o facedes en cartolina ou papel groso e non se caerá doadamente se o dobrades pola metade, engadíndolle debaixo unha pequena base do mesmo material que podedes pegar ás dúas caras do calendario.
Cada nivel escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458. A partir dela compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo, ás imaxes correspondentes en distintos materiais, usando desde teas de cores ou plastilina, ata madeiras, papeis brillantes, acuarelas, rotuladores...
Quedamos á vosa disposición.
Que vos poida servir de proveito e feliz ano!!!