LIMPEZA DAS NOSAS PRAIAS
Posted Maio 22nd, 2023 by nuriaO sábado 20 de maio o alumnado de 6º de primaria, xunto coas súas familias e amizades, realizaron unha xornada medioambiental para facer limpezas de lixo no litoral das praias de Congorza-Areamilla, Nerga, Vilariño-San Cibran (Aldán) e Francón-Menduíña.
As persoas participantes dividíronse en grupos para efectuar a recollida. Posteriormente, trasladáronse ata o peirao de Aldán para coñecer e analizar o lixo que se recolleu nun obradoiro de divulgación medioambiental no que se explicou a procedencia dos residuos, o seu impacto no medio, así como hábitos diarios e alternativas que reducen a xeración destes residuos.
A xornada foi un éxito absoluto como se ve nas fotografías. Recolléronse máis de 150 kg de residuos clasificados en vidro, plástico e envases, papel e cartón, e outros. Retiráronse desde traxes de augas, pasando por madeiras pintadas, ambientadores, bastonciños, moitísimas cabichas, redes e cordas, escarvadentes e sacos de batea, caixas de poliespán e ata unha lámpada fluorescente. En fin temos moito que aprender e mellorar.
Asimesmo esta actividade serviu para recadar fondos para a excursión de fin de etapa do alumnado nomeado.
Por iso queremos tamén agradecer, así como dar recoñecemento ás empresas que fixeron posible esta actividade: Panadería Iglesias, Pescados Marcelino, Librería Viláfer, La Pepita Burger Bar, WOFCO, BNA Invest, Recreativos Iglesias e Central de Efectos Navales.
A protección dos oceános é cousa de todos e todas!
INVISIBLE
Posted Marzo 29th, 2023 by nuriaEstreamos o booktrailer que o alumnado de 5º e 6º realizaron como produto final do proxecto levado a cabo ao longo deste trimestre sobre o acoso escolar a partir da obra Invisible, de Eloy Moreno.
Agardamos que vos guste e que vos animedes a lela!!!
O COLEXIO DA ESPIÑEIRA ALDÁN
Posted Febreiro 23rd, 2023 by nuriaQuen mellor que as crianzas para amosar o noso colexio e explicar como traballan e aprenden!
Agardamos que vos guste o noso vídeo e veñades a coñecernos!
QUERES COÑECERNOS? XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Posted Xaneiro 31st, 2023 by nuriaComeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:
- Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
SE QUEREDES VIR A COÑECERNOS PODEDES ACHEGARVOS Á ESCOLA OS MARTES DE FEBREIRO EN HORARIO DE 4.30 A 5:30, (AGÁS O MARTES 21).
AGRADECEMOS QUE RESERVEDES CITA PREVIA NOS TELF.: 886110186 - 886110187 OU A TRAVÉS DA WEB ceip.espinheira.aldan@edu.xunta.gal
RESERVA DE PRAZA NO IES Mª SOLIÑO
Posted Xaneiro 26th, 2023 by nuriaRESERVA DE PRAZA PARA O IES MARÍA SOLIÑO
O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 9:30 terá lugar na biblioteca do centro unha charla para o alumnado de 6º de primaria e as súas familias sobre o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso.
Ábrese o prazo para realizar a Reserva de Praza no IES María Soliño (centro adscrito):
Alumnado ao que vai dirixido: 6º curso de Educación Primaria |
|
Prazo de presentación: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro |
|
Documentación: Cubrir o formulario ED550A de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado |
|
Presentación:
|
AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Posted Maio 20th, 2022 by dianaAXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DE INFANTIL E PRIMARIA
Prazo de presentación de solicitudes |
Do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 |
Quen pode solicitalas |
Alumnado que presenta unha necesidade específica de apoio educativo derivado de alguna das seguintes situacións:
·Discapacidade
·Trastorno grave de conduta
·Trastorno grave da linguaxe ou da comunicación
·Trastorno do Espectro Autista
· Altas capacidades |
Presentación solicitudes |
Departamento de orientación do centro LUNS - XOVES |