FACER CLIC NO ADXUNTO
INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/2025
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centrode adscrición para alumnado que cambia de etapa.
FACER CLIC AQUÍ PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-24
Unha vez rematado prazo de admisión de solicitudes para o vindeiro curso, informamos que están todas as solicitudes admitidas.
Segundo a ORDE de 10 de maio de 2023, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos para a participación na convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinados ó alumnado matriculado en educación primaria, son os seguintes:
Presentación de solicitudes: 20 de maio ao 21 de xuño.
Listaxe provisional admitidos/excluidos: 4 de xullo.
Prazo de reclamacións: 5 e 6 de xullo.
Listaxe definitivo admitidos/excluidos: 12 de xullo.
HORARIO DE SECRETARÍA
DE LUNS, MARTES, MÉRCORES E DE 13:100 ÁS 14:00 H.
VENRES DE 09:00 ÁS 11:00H
MARTES DE 16:00 ÁS 17:00 H.
A Dirección do CEIP ESPEDREGADA informa ás familias :
Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo neste centro.
Do 1 ao 20 de marzo por sede electrónica.
a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.
As persoas solicitantes poderán:
-Cubrir os formularios na aplicación admision alumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).
-Descargar os formularios da aplicación admision alumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería (dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial:
Os formularios estarán dispoñibles , no centro e na aplicación, o 1 de marzo de 2023
http://www.edu.xunta.gal/portal/
http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Segundo a Orde de 21 de outubro de 2022, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:
PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN |
1-20 de marzo no centro 1-20 de marzo por sede electrónica |
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA. BAREMO. |
23 marzo ao 5 de abril |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN |
21 de abril |
RECLAMACIÓNS |
5 días hábiles (24 ao 28 de abril) |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN |
12 de maio |
RECLAMACIÓNS |
15 de maio ao 15 de xuño |
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA |
Do 20 – 30 de xuño |
Na secretaría do centro estarán a súa disposición as solicitudes de admisión, información e documentos necesarios a partir do 28 de febreiro.
LEXISLACIÓN APLICABLE
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, DOG Núm. 212, do 8 de novembro de 2022,pola que se desenvolve o procedemento de admisión.
INFORMACIÓN A TER EN CONTA
Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitudeno centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
As solicitudes axustaranse ao modelo oficial, ED550-B. Debe cumprimentarse axeitadamente e será asinada polos titulares da patria potestade.con independencia da súa filiación.cando se refiran a fillas/fillos comúnsdun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
No caso de separación ou divorcio requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo.
En situacións de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro,se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal e fotocopia:
1 - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar,cando denegue a súa consulta.
2 - Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (DNI ou libro de familia no seu defecto).
3 - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
Para a valoración da renda per capita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual . A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas435 e 460da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2021.
Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar no ano ao que corresponde a declaración do IRPF.
Para a aplicación da puntuación do criterio, utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)correspondente ao ano 2021, que está cifrado en 6.778,80 euros anuais.
A unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feito rexistradas, ademais dos fillos menores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade,separación ou divorcio, considerarase o proxenitor que teña a garda e custodia, se é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude.
.No caso de que o número de solicitudes supere a oferta de prazas, requirirase a documentación xustificativa dos criterios do baremo. A presentación da mesma será do 23 marzo ao 05 de abril e ten carácter voluntario. De non achegarse en tempo e forma, entenderase que se renuncia á valoración correspondente.
“Domicilio familiar na zona de influencia deste centro escolar”
.Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.
.O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda pola súa área de influencia, non terá dereito aos servizos complementarios establecidos pola Consellería.
“Enténdese por familia monoparenta lo núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento”(artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño). Para a valoración deste criterio, a persoa interesada terá que presentara certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galiciaou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |