Skip to Content

6º Primaria

Tarefa de investigación sobre o virus Ébola

O virus Ébola está a afectar e preocupar pola súa agresividade na saúde. Imos a investigar cómo actúa e cómo loitar contra as súas consecuencias na saúde. Descarga o arquivo no teu cartafol e realiza a webquest.

 

virus_ebola

Matemáticas divertidas

Deixamos aquí unha páxina para traballar as matemárcas cun enfoque lóxico e divertido.

 

 

Galería fotográfica excursión 6º

Na seguinte icona está o enlace para acceder á galería fotográfica da excursión.

Unha aperta.

album 1 Álbum 3 
Álbum 1 Álbum 2  Álbum 3

 

 

Visita ao IES Álvaro Cunqueiro

O xoves, 3 de abril, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria visitaron o IES Álvaro Cunqueiro. Visitaron e coñeceron as instalacións do centro (aulas, laboratorios, departamentos...),así como  o funcionamento do mesmo. A partir de Setembro será o seu novo espazo de formación, socialización e maduración persoal.

Ao marxe da estupenda acollida que tivemos, o noso alumnado participou nun obradoiro de primeiros auxilios organizado polo departamento de Educación Física do Instituto e que foi impartido na súa totalidade polo alumnado do instituto. O Colexio Escultor Acuña quere deixar constancia e felicitar tanto á dirección do I.E.S, como ao departamento de Educaicón Física e ao alumnado, así como ao profesorado en xeral por esta magnífica posta en escena.

Galería fotográfica:

galería primeiro auxilios

Reto matemático. 6º B

O día 11 de marzo nenos e nenas de sexto participamos no taller matemático IMATXINA 2014, que se celebrou na fundación Barrie de la Maza. Coincidimos á mesma hora co IES POLITÉCNICO de Vigo, estabamos na sala unha oitenta persoas,  cada grupo na súas mesas atendendo primeiro aos monitores para logo realizar os diferentes xogos e actividades propostas.
A nosa clase dividiuse en dous grupos de doce e cada grupo ía pasando polos diferentes talleres: calculadora, tangran,
pentaminós, hexamantes, policubos, espellos, xogos de estratexia e resolución de problemas.
Resultou tan interesante, que sempre lles parecía demasiado pronto para cambiar de taller a outra mesa.
Tamén participamos na confección da Esponxa de Menger, como non tiñamos moito tempo axudáronnos os compañeiros de quinto. Tratábase de construír 160.000 cubos entre todos os participantes, para logo unilos nunha gran construcción..

Ggalería fotográfica facendo clic na seguinte icona:

reto matemático

Distribuir contido


by Dr. Radut