PROXECTO DE EXPRESIÓN ORAL NO PRIMEIRO E SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA
Os alumnos do primeiro e segundo nivel participan nun proxecto que consiste en dar unha pequena charla cada trimestre. Propónselles un tema que teñen que preparar na casa coa familia e logo teñen que expoñer na clase oralmente diante de todos os seus compañeiros.
No primeiro nivel, no primeiro trimestre recitan unha poesía, no segundo trimestre falan dun animal e no terceiro contan un conto. No segundo nivel, no primeiro trimestre explican unha receita de cociña, no segundo trimestre falan dun ser vivo e no terceiro trimestre dun invento.
A implicación das familias ata o de agora foi extraordinaria e consideramos que o resultado foi moi bo.
O vídeo que expoñemos corresponde a última charla dunha alumna do segundo nivel do curso 2014-2015. O final dunha etapa de adestramento, pois xa fixo cinco exposicións anteriores e a propoñemos por ser tamén un exemplo extraordinario de superación persoal.
Na seguinte imaxe está o enlace ao video.