Skip to Content

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS- 1 DE SETEMBRO-

Prezadas Familias do Escultor Acuña:

Como ben sabedes, o xoves 10 de setembro está fixado o comezo do curso escolar 2020-2021. Todos somos conscientes do reto que supón levar adiante este curso novidoso e cheo de dúbidas, inseguridades e incertidumes.  Dende o equipo docente e dende a ANPA estivemos traballando ao longo deste verán en planificar unha volta segura. Todos (equipo docente, persoal non docente, familias e alumnado) necesitamos un entorno de confianza no que os procedementos de prevención estean moi definidos. A saúde física e emocional será o primeiro criterio de atención e xestión organizativa  e educativa.

As Consellerías de Educación e Sanidade publicaron conxuntamente un Protocolo de Adaptación á Situación COVID-19 na que os centros estamos a traballar ao mesmo tempo, que solicitamos  continuas melloras no mesmo dende o  noso Consello Escolar. A última versión do Protocolo ten data de onte, 31 de agosto, na que se adoptan as medidas do acordo co Ministerio de Educación e Sanidade.

No inicio do curso haberá moitos cambios organizativos (entradas, saídas, medidas de distanciamento, grupos estables de convivencia, etc). Para poder coñecer e integrar este novo modelo temos pensado convocarvos na primeira semana de setembro, en grupos reducidos, co obxecto de darvos a coñecer os tres documentos básicos que regularán a nosa actividade:

  • Plan de Adaptación á Situación COVID-19
  • Plan de Continxencia Sanitaria e de Educación a Distancia
  • Plan de Acollida Inicial e Emocional ao novo curso

A día de hoxe todavía quedan pendentes cuestións sen resolver que dependen das negociacións e acordos posibles entre outras institucións (ANPA, Consellería de Educación) como son a organización do comedor, da aula matinal e das actividades extraescolares. Dende o centro desexamos que se solventen estas demandas que consideramos básicas para garantir unha escola segura e de calidade. Dende o equipo directivo e o Consello Escolar daremos conta da evolución destas demandas.

Mentres tanto, o equipo docente xa está de xeito presencial nos centros dende hoxe, martes 1 de setembro, e está planificada unha sesión extraordinaria do Consello Escolar para o día 2 co obxectivo de consensuar e difundir a nova normativa organizativa.

En breve, teredes información precisa do calendario de reunións para comentar a nova organización do centro. Ese mesmo día serán entregados os cheques de libros e material escolar.

Aínda que será tratado nas reunións coas familias, queremos solicitar, máis que nunca,  acolaboración e do compromiso de toda a comunidade educativa para que superemos o novo reto con confianza, seguridade e ilusión polo que vos pedimos moita paciencia ao comezo de curso, implicación e concienciación para o cumprimento riguroso das normas que todos e todas deberemos adoptar.

Nada máis dende o voso cole. Imos informando de todas as novidades que vaian xurdindo. Moita saúde e prevención.

Atentamente, o equipo educativo

Solicitude de elección da primeira lingua estranxeira en 1º de Primaria

Prezadas familias de 6º de infantil:
  
Coa finalidade de organizar o vindeiro curso escolar 2020-2021, precisamos que nos confirmedes a elección da lingua estranxeira. O prazo de presentación de dita solicitude (via correo electrónico ou presencial) será o 1 de xullo de 2020.
 
Esta solicitude pode presentarse do seguinte xeito:
 
1) Descargando o ficheiro adxunto e enviándoo ao correo do colexio: ceip.escultor.acunha@edu.xunta.gal.
 
2) Enviando un correo o colexio con asunto "LINGUA ESTRANXEIRA" e indicando o nome do alumn@ e a lingua estranxeira elixida. 
 
3) Vir ao colexio e cubrir a solicitude no centro directamente. 
 
 
Moitas grazas pola vosa atención.O equipo de linguas estranxeiras
 

La historia del Coronavirus por Mateo Teixeira

Ola familias:

Entre as fantásticas creacións educativas xurdidas neste confinamento, deixamos aquí a historia da pandemia contada polo noso "compi" Mateo Teixeira e a súa nai Lola.  Premer na imaxe para ver a historia. Moitas grazas.

mateo_lola

Libros de texto 2020-2021

FONDOLIBROS: ADXUDICACIÓN DEFINITIVA (ver adxuntos)

O alumnado que recibe 6 libros ten tamén concedida a axuda de material escolar (50 €)

Os vales e os libros entregaranse en setembro.

 

Proxecto Plurilingüe: Francés como lingua estranxeira

Prezadas familias de 6º de Educación Infantil:

Tedes a vosa disposición, en documento adxunto, a proposta de francés para o alumnado que inicia primaria no vindeiro curso 2020-2021. As especialistas de linguas estranxeiras contactarán en breve, de xeito telefónico, para explicar esta posibilidade nunha videoconferencia a celebrar o vindeiro xoves ás 11 .00 horas. Moitas grazas

Distribuir contido


by Dr. Radut