Skip to Content

Audición e Linguaxe

Importancia de traballar a fonoloxía na Educación Infantil

As habilidades fonolóxicas son aquelas que nos permiten reflexionar sobre os sons da fala da propia lingua. Referímonos á capacidade de pensar, distinguir e seleccionar os fonemas apropiados. Para conseguir esta habilidade debemos realizar xogos dende o momento en que os nenos e nenas comezan a emitir as súas primeiras palabras. A educación fonolóxica demostrou ser moi eficaz para mellorar as dificultades específicas da lectura e da escritura.

Que xogos podemos facer cos nosos fillos e fillas ou estudantes?

  • Separar e illar os fonemas. (Que sons escoitas na palabra casa?)
  • Identificar diferentes posicións dos fonemas dentro da palabra. (O / r /, escóitalo de primeiro son ou de último na palabra Risco?)
  • Distinguir sons iguais e diferentes. (casa e  cara, soan igual ou diferente?)
  • Engadir ou omitir sons. (Na palabra oche, que son falta?, e na palabra lárbore, que son sobra?)
  • Sílabas inversas (Como soa -ra- ao revés? Como o soa -la- ao revés?)
  • Xogos con rimas.


A conciencia fonolóxica e a lectoescritura están intimamente relacionadas, xa que o primeiro favorece a adquisición da lectoescritura e a aprendizaxe do mesmo desenvolve a conciencia dos diferentes fonemas.

As deficiencias nas destrezas fonolóxicas adoitan estar nas orixes das dificultades de aprendizaxe, polo que a súa práctica na educación infantil axuda a previr problemas nas fases futuras. Abordando isto mellórase o desenvolvemento da lectura e escritura nas etapas infantil e primaria, tanto en nenos e nenas que avanzan adecuadamente como en estudantes que corren o risco de ter dificultades específicas nesta área.

 

 

 

Praxias

Distribuir contido


by Dr. Radut