Skip to Content

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado martes día 16 celebramos na Escardia o Día das Letras Galegas. O acto consistiu na lectura dunhas verbas por parte do mestre Xermán. Logo, a nosa directora, coa axuda dun neno de infantil, mostrou o cadro Rosalía de Castro formado polas caras de todos os nenos, nenas e mestres do noso centro, acompañado dunha placa.

 

Máis tarde trasladámonos ao ximnasio, onde o contacontos Servando Barreiro, tamén coñecido coma o "bardo Averlardo", contounos a biografía de Carlos Casares. Tamén nos fixo cantar e bailar coa representación dos seus contos máis populares, coma "A galiña azul", "A bomba da felicidade", "Lolo anda en bicicleta" ou "O can Rin e o lobo Crispin".

   



blog | by Dr. Radut