Skip to Content

blogue deceipescardia

SOLICITUDE DE RENOVACIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS PARA O CURSO 2022/23

SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-24

Aquelas familias que queiran facer uso do servizo complementario do TRANSPORTE ESCOLAR deberán entregar a solicitude no centro ou envialas por correo electrónico a ceip.escardia@edu.xunta.gal no mes de xuño.

Pódense descargar as solicitudes nos seguintes enlaces:

*O alumnado de nova incorporación realizará este trámite no mes de xullo cando formalice a matrícula.

 

 

 

 

 

 "O alumnado con garantía de permanencia no centro docente que NON TEÑA QUE FORMALIZAR MATRÍCULA, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do MES DE MAIO de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar".

Manual para familias-Acceso a videoconferencias

No arquivo adxunto poderán ver as instrucións para o acceso ás reunións de videoconferencia co profesorado.

Premendo na seguine imaxe poderán acceder directamente ao servizo:

 

Grazas, mil grazas por facer da nosa escola o que é!

As mestras e mestres de A Escardia danvos as GRAZAS!

Esta mensaxe é para todas as familias, para todas as nenas e nenos que estades esforzándovos durante este tempo tan complicado.

Sabemos que non é doado, sabemos que estades poñendo o máximo das vosas posibilidades, que algúns tedes moitas dificultades para acceder aos contidos, axudar os pequenos e pequenas, etc.

Por todos vós, grazas. E recordade, seguimos aquí, detrás das pantallas, dos teléfonos, traballando para que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades.

O Claustro e o persoal non docente de A Escardia envíavos unha forte aperta!


O noso centro por dentro

Entra na seguinte imaxe e poderás acceder á galería para ver como é o noso centro por dentro.

ESTAMOS CON VÓS!

AS MESTRAS DE A ESCARDIA ESTÁN MOI CERQUIÑA DE VÓS!

 

UN ARCO DA VELLA NA MIÑA VENTANA

Imos facer un debuxo dun arco da vella cunha mensaxe de ánimo para outros nenos e nenas.

Cando o teñades feito, colgádeo das vosas ventanas.

Enchamos todas as ventanas de arcos da vellas!

#AESCARDIAQUEDANACASA

Acceder á AULA VIRTUAL

No seguinte video podedes ver como acceder aos contidos que as mestras e mestres van a ir subindo nestos días de confinamento. Son pequenas tarefas que poden realizar os nenos e nenas, de cara a establecer unhas rutinas diarias e non perder o hábito de traballo. Pero tamén é importante que nestas semanas complicadas os nenos e nenas teñan un tempo para o xogo, un bo libro para desfrutar da lectura, bailar, cantar, etc. e se pode ser compartilo con eles, mellor.

Os materiais serán colgados polo profesorado cada día, e a través da mensaxe que vos enviarán a través do Abalar Móbil, poderedes ter a opción de comunicarvos con eles para aclarar posibles dúbidas.

Esperamos que esta situación pase o máis pronto posible e que todos e todas estedes ben. Entre todos superaremos este atranco no camiño e seguro que aprendemos algo de cara o futuro. Un saúdo.

 

Coñece o noso centro

O CEIP A Escardia está situado no núcleo urbano de Vilagarcía de Arousa, a pouca distancia do centro da vila.

A súa situación privilexiada, preto das estacións de autobuses e trens, da Casa Consistorial, da praia Compostela, da Escola Municipal de Música, da Biblioteca Municipal, do Auditorio Municipal, de parques como os de Ravella e Miguel Hernández, así como diferentes servizos como oficina de correos, supermercados, etc. fai que a actividade educativa poida trasladarse a estos espazos e utilizalos como fontes de aprendizaxe do entorno.

O centro conta cun único edificio de dúas plantas nas cales se reparten as aulas e demais espazos do centro. Nel impártense as ensinanzas do segundo ciclo de Educación Infantil e a etapa de Educación Primaria.

A nosa escola caracterízase por ser unha escola en continuo cambio e mellora pedagóxica, sendo un referente en canto a metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de proxectos de innovación educativa que teñen como obxectivo promover a educación inclusiva e a igualdade.

Canción Día da Paz e non Violencia

Aquí compartimos o audio coa canción creada por todos os nenos e nenas do CEIP A Escardia a partir da idea orixinal da artista Marta Gómez. Con esta canción berramos e cantamos ao mundo, "para a guerra nada".

 

Horario de atención a nais/pais

O horario de atención a nais, pais e titores/as legais é os martes de 18:00 a 19:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut