Aquelas familias que queiran facer uso do servizo complementario do TRANSPORTE ESCOLAR deberán entregar a solicitude no centro ou envialas por correo electrónico a ceip.escardia@edu.xunta.gal no mes de xuño.
Pódense descargar as solicitudes nos seguintes enlaces:
*O alumnado de nova incorporación realizará este trámite no mes de xullo cando formalice a matrícula.
"O alumnado con garantía de permanencia no centro docente que NON TEÑA QUE FORMALIZAR MATRÍCULA, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do MES DE MAIO de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar".
As mestras e mestres de A Escardia danvos as GRAZAS!
Esta mensaxe é para todas as familias, para todas as nenas e nenos que estades esforzándovos durante este tempo tan complicado.
Sabemos que non é doado, sabemos que estades poñendo o máximo das vosas posibilidades, que algúns tedes moitas dificultades para acceder aos contidos, axudar os pequenos e pequenas, etc.
Por todos vós, grazas. E recordade, seguimos aquí, detrás das pantallas, dos teléfonos, traballando para que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades.
O Claustro e o persoal non docente de A Escardia envíavos unha forte aperta!
No seguinte video podedes ver como acceder aos contidos que as mestras e mestres van a ir subindo nestos días de confinamento. Son pequenas tarefas que poden realizar os nenos e nenas, de cara a establecer unhas rutinas diarias e non perder o hábito de traballo. Pero tamén é importante que nestas semanas complicadas os nenos e nenas teñan un tempo para o xogo, un bo libro para desfrutar da lectura, bailar, cantar, etc. e se pode ser compartilo con eles, mellor.
Os materiais serán colgados polo profesorado cada día, e a través da mensaxe que vos enviarán a través do Abalar Móbil, poderedes ter a opción de comunicarvos con eles para aclarar posibles dúbidas.
Esperamos que esta situación pase o máis pronto posible e que todos e todas estedes ben. Entre todos superaremos este atranco no camiño e seguro que aprendemos algo de cara o futuro. Un saúdo.
O 24 de febreiro celebramos o nacemento de Rosalía. Este Día de Rosalía é vivido con emoción, ledicia e divertimento. Todas as aulas recitan, bailan, cantan... ou outros xeitos de homenaxear á Rosalía que xa é a nosa amiga...