Skip to Content

blogue deceipescardia

Plan dixital CEIP A Escardia

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive.

 

  • Opcionalmente poderánse presentar de forma presencial no centro indicado como primeira opción e en calquera dos rexistros establecidos, utilizando o formulario normalizado (ED550B) que será facilitado polo centro
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Manual para as familias.

 

A normativa reguladora deste procedemento é a seguinte:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

No seguinte enlace poderán acceder a toda a información sobre o procedemento de admisión (presentación de solicitudes, vacantes por curso, calendario do procedemento...)

 HORARIO DE SECRETARÍA PARA ESTE PROCEDEMENTO

 

 

LUNS

MARTES

XOVES

VENRES

de 12:20 a 13:00

de 09:00 a 09:40

de 13:10 a 13:50

de 12:20 a 13:00

 

ENTREGA DE RECAUDACIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO Á PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA

ENTREGA DE RECAUDACIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO Á PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA

O pasado mércores fíxose entrega ás resposables de Protectora de animais de Vilagarcía da recaudación do mercadillo solidario que se realizou na nosa escola.

Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa implicación. Só as comunidades que traballan polos mesmos obxectivos son quenes de avanzar.

 

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

Charla familias “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal”

DOCENCIA FAMILIAS

"PAUTAS PARA ELIXIR OS AGASALLOS INFANTÍS DE NADAL"

O CFR de Pontevedra organiza unha conferencia aberta a todas as familias titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.

 

Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.

DATA:xoves 16 de decembro

HORARIO: de 19:00 a 21:00 horas

LUGAR:salón de actos do IES Castro Alobrede Vilagarcía 

 

fai clic na imaxe para ver o cartel informativo

 

 

EQUIPO DIRECTIVO

EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTORA: Adriana Torres Rey

XEFA DE ESTUDOS: Cecilia Cerqueiras García

SECRETARIA: Inés Marcos Carregal

CALENDARIO LECTIVO CURSO 2023-2024

CALENDARIO LECTIVO CURSO 2022-23

 

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos publicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Días non lectivos escollidos polos centros da localidade: 13 de outubro

 

CAMBIO CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL

CAMBIO DE CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL

Neste documento poderedes ver como cambiar o contrasinal da Aula Virtual. (fai clic na imaxe para descargar o arquivo)

DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE CITA COA DIRECCIÓN DO CENTRO

DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE CITA COA DIRECCIÓN DO CENTRO

Formulario a cubri para solicitar cita coa dirección do centro (directora, xefa de estudos). Unha vez cuberto o formulario, poderán facelo chegar a través do correo electrónico do centro.

Recordamos ás familias que, previa solicitude de reunión co equipo directivo, é necesario tratar os asuntos na titoría.

XUSTIFICANTE DE FALTAS DO ALUMNADO

XUSTIFICANTE DE FALTAS DO ALUMNADO

As faltas xustificaranse segundo o modelo adxunto como máximo 3 días despois da reincorporación do alumno/a ao centro.

 

Poden consultar o protocolo de absentismo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut