Dende o 21 de maio, e ata o 21 de xuño, estará aberto o prazo para SOLICITAR o "FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO" e "AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL". Estas axudas están destinadas ao alumnado que se matricule para o curso 2024/25 en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial.
Forma de presentación de solicitudes:
-Electrónica: coa chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.
-Presencial con asistencia da aplicación (cubrir os datos na aplicación, imprimilos e levalos ao centro).
-Presencial manual (cubrir os anexos I e II e presentalos no centro).
Téñense que presentar as solicitudes no centro no que o alumnado vai estar matriculado para o curso 2024/25.
O alumnado que non estea admitido, nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2024/25, ten que presentar a solicitude no centro que está matriculado actualmente (curso 2023/24).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I e II.pdf | 3.49 MB |
Orde 7 de maio.pdf | 1.3 MB |