"Ensinarte: Creando a nosa identidade". Este sábado, día 20 de maio, na rúa peonil poderán verse ao longo do día as obras feitas polo alumnado dos seis centros de ensino de infantil e primaria do noso Concello. Esta pequena mostra recolle dun xeito simbólico a nosa identidade como pobo dende a perspectiva do ensino.