Nesta data importante xuntámonos no Ceip Escarabote para dicir NON á violencia contra a muller e para desexar un futuro no que non sexa necesario conmemorar este día.
As rapazas e rapaces do centro elaboraron cartas, poemas e manifestos que puideron ler para os e as presentes.
Posteriormente, introducidos os devanditos documentos nunha cápsula do tempo, demos paso a enterrala có propósito de que, cando se volva a abrir, a situación da violencia contra a muller sexa moi distinta da actual.
Foi unha cerimonia fantástica!