Skip to Content

Distribución de máscaras. Alumnado de Primaria

 ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras  entre el alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21(código de procedemento ED330E).

 

*DESTINATARIOS: Alumnado de Primaria.

Non teñen que solicitala: Os beneficiarios da axuda do material escolar no curso 2020-2021

Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Alumnado  matriculado en educación especial.

c) Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

d) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

ONDE ENTREGALA: De forma presencial no centro.

CANDO ENTREGALA: Do día 16 de ata o 27 de novembro .

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

1. As persoas interesadas deberán presentar cos solicitude (anexo I) a seguinte

documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán presentar a sentencia xudicial e/o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos Servizos Sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera  membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo,  galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade  prorrogada ou

rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento o do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servizos Sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai  ou o titores ou titores carezan de DNI e NIE.

 

AdxuntoTamaño
AnexoI e II máscaras.pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut