Skip to Content

23 de abril- Día do Libro. "Para ver"

Óscar á Mellor Curta Animada, en 2012. 

-Título: Os fantásticos libros voadores do sr. Morris Lessmore.

-Autor e ilustrador: William Joyce

-Director: Brandon Oldenburg   

 O Sr. Morris Lessmore, o protagonista, vivía en Nova Orleans, rodeado de libros. Un día, mentres escribía a súa historia no balcón dun hotel, é trasladado por un forte furacán a un lugar abatido, lonxe da súa cidade. Namentres camiñaba coa cabeza baixa e desorientado, coa mente en branco e sen ánimo para escribir, mirou cara arriba e descubriu a unha nova guiada por un conxunto de libros que voaban inmersos nun ambiente cheo de cor e alegría. Morris desexaba que ao seu libro ocorréselle o mesmo. Un dos libros achegouse ao Sr. Lessmore e convidou a seguirlle. Chegaron a unha casa repleta de libros na que podería saciar as súas ansias de ler e escribir con gran imaxinación. Alí permaneceu este personaxe até o final dos seus días gozando e recreándose dun mundo colmado de vivencias inesquecibles.



page | by Dr. Radut