Skip to Content

COMO DESCARAGAR ABALAR MÓBIL - MANTENTE INFORMADO DIARIAMENTE.

A  Consellería de Educación  puxo a disposición das familias a aplicación abalarMóbil.

         Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil dispón  das seguintes funcionalidades:

·      

Acceder aos datos persoais.

·      

Consultar as cualificacións.

·      

Consultar os datos do centro educativo.

·      

Modificar o idioma da aplicación

·      

Consultar os avisos ou notificacións por parte do centro educativo. ( Co fin de reducir a cantidade de papel que se consume e asegurarnos de que as notas chegan a tempo, a partir do curso 2017-18 será o medio que utilizaremos para enviar  as notas informativas por iso aconsellamos que empecedes a baixalo no voso móbil).

 

AbalarMóbil pódese instalar tanto no teléfono móbil como na tablet.

 

A descarga desta aplicación no teléfono móbil ou Tablet faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android)

Pasos a seguir:

1. Escribir abalar móbil e descargar.

2. O teléfono que solicita é o dado ao centro para matricular ao alumno/a

3. Recibirán SMS para verificar.

Na guía, que se pode descargar na seguinte ligazón, móstranse as diferentes funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu teléfono móbil:

(copiar e pegar no navegador para acceder)

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/site/espazoAbalar/files/guia_mobil-familias-galego.pdf

 

Se tendes algunha dúbida, ou vos dá erro na descarga,  podedes poñervos en contacto no seguinte enderezo: ceip.escarabote@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono 881 86 65 53



page | by Dr. Radut