Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR


Dende o 21 de maio, e ata o 21 de xuño, estará aberto o prazo para SOLICITAR o "FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO" e "AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL". Estas axudas están destinadas ao alumnado que se matricule para o curso 2024/25 en Educación Primaria, Educación Secundaria  e Educación Especial. 

Forma de presentación de solicitudes:

-Electrónica: coa chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.

-Presencial con asistencia da aplicación (cubrir os datos na aplicación, imprimilos e levalos ao centro).

-Presencial manual (cubrir os anexos I e II e presentalos no centro). 

Téñense que presentar as solicitudes no centro no que o alumnado vai estar matriculado para o curso 2024/25. 

O alumnado que non estea admitido, nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2024/25, ten que presentar a solicitude no centro que está matriculado actualmente (curso 2023/24). 

LECTURA HOMENAXE DA RAPAZADA A LUÍSA VILLALTA POLAS LETRAS GALEGAS DO 2.024

CAMPAMENTOS CONCILIA VERÁN 2024

FESTEXAMOS A SEMANA DO LIBRO COA ACTUACIÓN ESTELAR DA BRIGADA DE BIBLIOTECA

A semana do 22 ao 26 de abril, festexamos a semana do libro con múltiples actividades, contacontos e actuacións. O xoves puidemos disfrutar da marabillosa posta en escena da brigada de biblioteca. Grazas de corazón a todas as mamás que participaron para iluminar o sorriso dos máis pequenos, e grazas tamén as mestras que coordinaron dita actuación e en especial a María Basterrechea, a nosa coordinadora de biblioteca.

 

 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR 3º TRIMESTRE

A continuación ides atopar dous arquivos adxuntos correspondentes aos menús do comedor escolar do 3º trimestre. Para acceder a cada un deles só tedes que premer enriba.

 

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE BOIRO

O departamento de Deportes do Concello de Boiro asignounos unha subvención de 225 euros que invertimos na compra de material deportivo para as Xornadas Multideporte e en equipamento necesario para o tenis de mesa.

 

CELEBRAMOS O 8M, DÍA DA MULLER

O alumnado do CEIP Escarabote escribiu os seus mellores pensamentos e desexos para as mulleres importantes na súa vida. Quedaron amarrados nunha parede do colexio para telos en conta no noso día a día. 

                      

TEATRO BOIRO 2024

TEATRO BOIRO 2024

INSTALACIÓN DO PUNTO LARANXA

Hoxe foi instalado o PUNTO LARANXA no segundo andar do noso cole. Un espazo físico no que se pode comunicar, de modo anónimo, unha situación de posible acoso escolar ou ciberacoso.

Distribuir contido


by Dr. Radut