Skip to Content

PROXECTA + PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Bo día familias!

Dende o cole queremos ensinarvos algunhas actividades deportivas que se fixeron no cole ao longo deste curso.

Esperamos que vos gusten.

Feliz verán!

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o luns 1 e ata o venres 5 de xullo, podedes consultar a listaxe provisional entrando na aplicación Fondo Libros- menú cidadán, ou consultando os datos na porta principal do centro.

O luns 8 de xullo publicaremos a listaxe defintiva.Podedes recoller os cheques de material e libros de texto o martes 9, mércores 10 e xoves 11 de xulllo na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25

Dende o luns 1 de xullo e ata o venres 5 de xullo, podedes consultar na entrada principal do cole en horario de 10:00 a 13:30 horas, a listaxe provisional de admitidos para o comedor escolar, así como o baremo empregado. Lembrade que os usuarios de comedor do curso pasado xa teñen garantizada a súa praza. O vindeiro luns 8 de xullo sairá publicada a listaxe definitiva de usuarios de comedor.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 24/25

FESTA DE FIN DE CURSO ANPA A CANTEIRA

CHARLA DE PRESENTACIÓN PARA FAMILIAS BarbanTea

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE MÚSICA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR


Dende o 21 de maio, e ata o 21 de xuño, estará aberto o prazo para SOLICITAR o "FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO" e "AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL". Estas axudas están destinadas ao alumnado que se matricule para o curso 2024/25 en Educación Primaria, Educación Secundaria  e Educación Especial. 

Forma de presentación de solicitudes:

-Electrónica: coa chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.

-Presencial con asistencia da aplicación (cubrir os datos na aplicación, imprimilos e levalos ao centro).

-Presencial manual (cubrir os anexos I e II e presentalos no centro). 

Téñense que presentar as solicitudes no centro no que o alumnado vai estar matriculado para o curso 2024/25. 

O alumnado que non estea admitido, nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2024/25, ten que presentar a solicitude no centro que está matriculado actualmente (curso 2023/24). 

LECTURA HOMENAXE DA RAPAZADA A LUÍSA VILLALTA POLAS LETRAS GALEGAS DO 2.024

CAMPAMENTOS CONCILIA VERÁN 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut