Skip to Content

SAMAÍN-MAGOSTO

O pasado venres día 2 de novembro foi un día de festa plena.

Pola mañá celebramos o Samaín e pola tarde festexamos o Magosto.

Tódolos nenos e nenas puxeron os seus mellores e terroríficos disfraces e foron á residencia de anciáns do pobo lerlle contos de medo e recoller ricas chucherías, despois de crear monstruos para decorar os corredores do centro.

Logo tocou o turno dun xantar típico destas datas consistente en empanada de polo, chourizos asados con pan e leite fritido.

Para rematar, no patio fíxose a tradicional fogueira na que se asaron ricas castañas e se tiznaron as caras grandes e pequenos/as.

Que ben o pasamos!

 

(Ver imaxes na galería)



page | by Dr. Radut