Skip to Content

5º Curso EP

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO TRADICIONAL

Dentro das actividades do PDI deste curso, "Galeguízate", a semana pasada organizamos un obradoiro de baile galego tradicional dirixido ao alumnado de 5º de Primaria. O baile existíu dende sempre en Galicia, igual que en todos os lugares do mundo: bailar era o xeito relacionarse cos demais, de transmitir tradicións e costumes, de desfrutar e pasalo ben. Está asociado á música e ao canto e forma parte da nosa esencia, das nosas raíces, dos nosos sinais de identidade. Por iso, a danza forma parte do patrimonio cultural inmaterial. Pois ben, 6 alumnos e alumnas de 5º foron os encargados de explicarlles aos seus compañeiros/as a orixe do baile galego, onde e cando se bailaba e que tipos había. Asemade, fixeron unha pequena demostración dos bailes soltos, dos agarrados, das danzas e, por último, fixeron bailar a todos e todas con varios bailes-xogo. Botádelle unha ollada a esta presentación e veredes!

 

Visita a Betanzos do alumnado de 5º de primaria.

O alumnado de 5º curso de educación primaria viaxou a Betanzos o pasado martes 14 de xuño onde visitaron o Museo das Mariñas e fixeron unha visita guiada polo casco histórico da "cidade" que segundo aprendimos na visita é un título que xa foi concedido no ano 1465 polo que daquela era rei Enrique IV.

Podedes ver unha escolma de imáxenes da visita nesta galería:

Novos álbumes de actividades de 5ºEP

"Reserva da Biosfera: A auga non para". Alumnado de 5º curso

O alumnado de 5º asistiu este martes a unha actividade de concienciación sobre o ciclo da auga titulada "Reserva da Biosfera: A auga non para" organizada por EMALCSA. Lembremos que o noso centro foi o 2º clasificado do certame organizado no 2019.

Galería de imaxes da formación.

WhatsApp_Image_2020-02-13_at_13_26_13_28129.jpeg

DE VISITA NO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de 5º estivo de visita no museo de Belas Artes e quere agradecer a Sara que fixera tan especial esa visita. Ali descubriron un obxecto persoal de dona Emilia Pardo Bazán, o seu propio tinteiro. Ver Galería.

Traballos de 5º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 5º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

5ºA

 


 

5ºB


 

5ºC

Parabéns!

REMATA A EXPOSICIÓN SOBRE OS ANIMÁIS INVERTEBRADOS

O alumnado de 6º visita a exposición sobre os invertebrados que organizou o mestre José Manuel Robles na súa aula de 5ºB.

Quere agradecer a todas as persoas que colaboraron aportando mostras para esta exposición anunciando ao mesmo tempo o remate da mesma.

Galería de imaxes.

Retos resoltos

Durante estes meses os nenos/as de 5º e 6º estiveron resolvendo varios retos que implicaron a utilización de distintos sensores e actuadores.

No mes de decembro utilizaron o sensor de temperatura que xa coñecían e aprenderon a programar e utilizar o motor servo. O reto que se lles expuso foi elaborar u termómetro que servise para detectar a temperatura (sendor de temperatura) e que, ademais de apreceer na pantalla do ordenador, tamén se puidese consultar nunha representación física (cartolina e motor servo). Neste vídeo nenos/as de 5º de E.P. explican o seu traballo.

 No mes de xaneiro estivemos lembrando algún dos actuadores que posúe o mBot e o sensor sigueliñas. Propúxose un reto con dúas partes que tiña que resolverse en equipo. Tiña que desprazarse unha distancia cara adiante de 20cm. reproducir unha nota musical, acender os leds, para logo retroceder 0,25m., reproducir outra nota e acender e apagar de novo os leds. Primeiro tiñan que resolver o problema sen utilizar o sensor sigueliñas e logo utilizando o sensor. Neste vídeo está  segunda parte resolta por parte dun grupo de 6º de E.P.

 Bo traballo!

Arte robótica

Empezamos o curso lembrando cos nenos/as de 5º e 6º de E.P. como se montaba e desmontaba o mBot, así como as pezas que o compoñen.

Aproveitando esta actividade en grupo tiveron que, ao mesmo tempo que catalogaban as pezas, montar unha obra artística baseada no Knolling.

Aquí tedes o resultado.

 

Adiviñades que queren expresar con cada imaxe!

Proxectos finais cos robots

Durante o último trimestre os nenos/as de 4º e 5º estiveron traballando nos seus proxectos finais para os que utilizaron os mBot para desenvolver actividades con diversos obxectivos. O mércores 20 de xuño compartiron os seus traballos co alumnado de Educación Infantil.

Os nenos de 4º A e B deseñaron diversos xogos cos que aprender a sumar, as cores ou os números...para o alumnado de 6º de E.I. Utilizaron os sensores sigueliñas, de luz, ultrasónico, ademais dos actuadores de movemento, os leds de cores e as matrices led.

Os grupos desenvolveron:

  • Xogo de operacións, no que o robot avanzaba se o resultado que daban á suma  era correcto e retrocedía se era incorrecto. O obxectivo era chegar á meta.
  • Seguídeme!, no que o robot tiña predefinidos percorridos e os nenos/as tiñan que facer unha ringleira e seguilo.
  • Robot discoteca, cando detectaba un determinado nivel de luz o robot reproducía unha música e comezaba a moverse.
  • Teclados, varios robot permitían desenvolver un teclado acendendo luces con cada nota.
  • Robot prudente, no que percorría unha rúa e detíase cando unha persoa cruzaba polo paso de peóns.
  • Aprendemos cores e números, cando se di un número ou cor hai que levantar o cartón e o robot se despraza e se detén diante del, para logo retroceder agardando outro obxectivo.

  • Robot saúdo, o robot saúda a través da matriz led e logo a través do ordenador saúdaos chamándoos polo seu nome.
  • Aprendemos os animais. No taboleiro hai uns cartóns coas imaxes e nomes de animais, cando soa a voz dun animal teñen que sinalalo e se é correcto o robot proxecta na matriz led unha cara alegre e luz verde, se non é correcta unha cara triste e luz vermella.

 

 

 

Os nenos/as de 5ºA elaboraron catro contos para os que prepararon primeiro os escenarios e logo programaron os robots para que os percorresen utilizando os sensores sigueliñas. O mércores 20 exerceron de irmáns maiores cos nenos/as de 4º E.I., este foi o resultado:

Grazas pola implicación no proxecto tanto por parte dos nenos/as, como por parte das titoras/es.

Moitas grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut