Skip to Content

4º Curso EP

La vida marina al microscopio

O xoves 4 de novembro achegáronse ao noso centro as científicas co Oceanográfico: Ánxeles e Carlota, acompañadas por Miriam que fixo de “Lazarillo” por coñecer xa o noso cole.

O alumnado de 4º de E. Primaria foi o afortunado que asistiu ao obradoiro dirixido por elas

Neste obradoiro, as mencionadas científicas, explicaron e amosaron imaxes do seu traballo: de como recollían as mostras no mar para despois analizalas, das cadeas alimentarias que se dan no mar, da contaminación dos mares, de como esa contaminación pode chegar aos nosos estómagos....

Ao remate do obradoiro, o alumnado puido mirar, ao microscopio, mostras do fitoplancton e do zooplancton.

As sesións foron moi amenas e estivemos moi interesados e interesadas e fixemos moitas preguntas.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!!

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN PARA 4º DE PRIMARIA:

Exposición Refugabots

Como mencionabamos noutra entrada, os nenos/as de 4º e 5º de E.P. deseñaron e logo construíron con material de refugallo uns robots froito do traballo en equipo e da súa creatividade. Foi o propio o alumnado o que escolleu como contruílos, recibindo o apoio e consellos dos mestres/as titores para solucionar algún problema de estabilidade ou de axuste das pezas.

Chegou o momento de presentar en sociedade aos refugabots elaborados polo alumnos/as de 4º E.P. Durante estas dúas semanas estarán expostos na entrada do centro para que poidades comprobar o gran labor que desenvolveron durante o proceso de creación (nesta entrada podedes ver algún destes momentos), sacarvos unha foto con eles e os vosos fillos/as... Mentres tanto deixámosvos imaxes de cada un deles, pero recomendámosvos que os vexades en directo, porque son espectaculares.

 

Moi bo traballo, parabéns para todos os nenos/as de 4º!

Obradoiro "Man robótica"

martes 20 e o mércores 21 desenvolverase na aula maker do centro, situada no 2º andar, un obradoiro para a construción dunha man robótica con palliñas. Nesta ocasión non necesitaremos ningún elemnto electrónico, só material que utilizamos a cotío.

Os nenos/as que asistan ao obradoiro só terán que levar unhas tesoiras. A través desta actividade poderemos aplicar ao coñecemento do noso corpo, ás funcións dos músculos, osos e tendóns e ás partes da nosa man.

Posteriormente usaremos a man, ademais de utilizala para estudiar, aprender e xogar, para resolver un reto cos robots, polo que teredes que coidala moito.

Dado que as 15 prazas dispoñibles para estes dous días foron cubertas en pouco tempo, repetiremos este obradoiro despois das vacacións para que todos aqueles/as que queiran aprender a construír a man robótica teñan oportunidade.

Creamos xuntos!

CHARLA DOS PAIS DE PABLO SOBRE A ROBÓTICA NA VIDA DIARIA

O venres día 15 de decembro tivemos a gran sorte de contar no colexio coa presenza dos pais do noso alumno Pablo Rodríguez González (EP4ºB), que viñeron a contarlle ao alumnado de 3º e 4º curso de primaria aspectos relacionados coa importancia da robótica na vida diaria. Tanto Patricia coma Roberto son físicos que desempeñan o seu traballo na Universidade da Coruña no Departamento de Enseñería de Computadores e pertencen ao Grupo de investigación Grupo de Arquitectura de Ordenadores. Esta actividade foi proposta polo mestre responsable do Proxecto de Introdución á Robótica Educativa, Diego López Rodríguez.

FUNDACIÓN PERE CLOSA - CULTURA E HISTORIA XITANA

O día 1 de decembro recibimos a visita no CEIP Emilia Pardo Bazán de dous educadores da "Fundación Privada Pere Closa" de Badalona que mantiveron tres sesións formativas co alumnado de 4º curso de educación primaria, para contarlles a cultura e historia dos xitanos a través dos seus "Cuentos Rromane"

 

Esta actividade educativa promovida pola profesora Cathryn Teasley Severino do Departamento de Pedagoxía e Didactica da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña), ten o doble obxectivo de fomentar valores como a solidariedade e, ao mesmo tempo, reivindicar e dar a coñece a cultura xitana.

Distribuir contido


by Dr. Radut