PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II
Durante o curso 2017-2018 seguirase a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, en Estados Unidos.
Este ano, a escola coa que se realiza o proxecto é a Summerfield Elementary School de Shreveport, cidade situada no norte de estado.
O alumnado participante é aquel que cursa terceiro de Primaria, desenvolvéndose o proxecto dentro das áreas de:
- Educación Musical, a cargo da mestra Mª Nieves Villar Garrote, por parte do Ceip Emilia Pardo Bazán.
- Español como Segunda Lingua, a cargo da mestra Mª Beatriz Armada Manrique, no caso de Summerfield Elementary School.
COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DAS DÚAS ESCOLAS:
Continuamos cun xogo de mans que nos enviou o alumnado de Summerfield Elementary School e que aprendimos na clase para poñelo en práctica. O seu nome é LEMONADE: