Skip to Content

TEATRO

O Bosque Animado

Despois dun día moi emotivo como foi o venres e a representación do Bosque Animado, non é posible resumir tanto talento en tan pouco tempo. Simplemente agradecer a todas as actrices e actores, ao equipo de teatro e profes colaboradores, a familias, Chus, Marisol, achegados como Xulio, Juan e o grupo musical Dijo4 e moi especiais a Marta polo inmenso traballo co decorado, GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS.
Todo este traballo non sería posible sen a vosa colaboración.
E un recordo moi emotivo para o noso compañeiro José Manuel e a nosa compañeira Chus, eles tamén forman parte deste proxecto, o noso corazón está con vós.
Todas as fotos e vídeos podedes velas no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/thumbnails.php?album=280

 

 

 

 

Bosque animado 2 xuño de Aurora Candal

O TEATRO NO EMILIA (CHEGOU O DÍA)

Hai xa moitos anos que no Emilia empregamos o teatro como ferramenta pedagóxica para desenvolver todo tipo de competencias e valores no noso alumnado, xa desde Educación Infantil.

Na última década puxéronse en marcha varios grupos que todos os anos preparaban obras destinadas a mellorar aspectos lingüísticos, sociais, artísticos e emocionais de todos os implicados.

Así, os grupos Bubelas, Bubeliñas e Interaulas foron creando unha tradición teatral que se viu interrompida no 2020 pola pandemia. Este ano estamos reiniciando o camiño. En todas as viaxes é bo botar, de cando en vez, a vista atrás para coller folgos. Ver de onde vimos axúdanos a planificar o futuro.

O pasado setembro retomamos o proxecto comezado no 2019: novo elenco e novas ilusións que está previsto culminar coa estrea, prevista mañá venres 2 de xuño. A meta é importante, pero a andaina aínda o é máis.

Esta é a nosa historia.

 

Na  obra  “O  bosque  animado”,  creada  polo  escritor   coruñés  Wenceslao  Fernández  Flórez,  adaptada  ao  teatro  escolar   pola  profesora   María  Jesús  López  Vila   e   actualmente   en   preparación  para   ser  representada   por  un  grupo  de   actrices  e  actores   do  noso  colexio;  fálasenos  da  vida   nunha  fraga  galega.
Queredes  coñecer  algunhas  das   personaxes   que  ides  poder  ver  e/ou  escoitar   o   próximo  día  2  da  xuño?
Animádevos  con  este  divertido  xogo!

 

O CREBANOCES

Primeiras fotos da espectácular adaptación de teatro, música e danza da obra de tchaikovsky "O Crebanoces". Recibiron unha enchenta de felicitacións todas as persoas participantes. Noraboa polo traballo. Na galería tedes unha mostra.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

A libraría

E chegou o día....

Despois de moitos ensaios e como remate do curso, decidimos facer unha obra de teatro.

   

Titulámola: A libraría

 

E amosámola primeiro aos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro, quinto e sexto, e despois ás nosas familias.

 

 

Gustounos moito participar nela todos xuntos.

 

E foi tan divertida que os pequenos no nos cansamos de mirar como actúan os nosos amigos maiores!

 

Estas son algunhas das escenas.

 

Estamos desexando repetir o vindeiro curso!

 


fotos e vídeos

 

 

anterior     seguinte

BUBELAS E BUBELIÑAS

 

 

 

O martes, día dez de xuño foI un día moi especial. Dentro do proxecto “O meu amigo maior” os nenos de 5º A de Educación Primaria e 5º B de Educación Infantil representamos unhapequena peza de teatro titulada: “Os contos de Manuel María”. Pasámolo todos moi ben, pais, nais, avós, amigos. . . pero sobre todo os pequenos e grandes actores que con tanta ilusión e un pouco de medo,esperaban ese día.

 

Foi a culminación dun curso no que os nenos coñecéronse e empezaron a quererse cada xuntanza un pouco máis. Os pequenos atoparon, nos seus amigos maiores, alguén a quen admirar e traerlle, ás veces, un debuxo ou calquer pequeno agasallo feito, sobre todo, con moito agarimo. Os maiores atoparon, nos seus pequenos amigos, alguén a quen coidar e a maneira de facerse, poucoa pouco, algo máis responsables. En definitiva, aprenderon a madurar.

 

A nós, as profes, emocionounos moito velos traballar xuntos e como buscaba cada un á súa parella para traballar, xogar ou simplemente darse a man e camiñar xuntos. Esperamos que o vindeiro curso sexa, cando menos, coma este.

 

 

Conchy e Aurora. 

 

 

 
 
 
 

PRIMER CLASIFICADO INFANTIL "A FRAUTA MÁXICA" Colexio Emilia Pardo Bazán

 

O CEIP Emilia Pardo Bazán  obtivo o  Primeiro Premio na categoría Infantil no XVIII Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" coa obra "A frauta máxica". O alumno Gael Generelo Grande tamén obtivo o premio ao Mellor Actor na categoría Infantil.

 

 

  

Entrega de premios (galería de imaxes) 

ESTREA TEATRAL DA OBRA A FRAUTA MÁXICA

 

 

A FRAUTA MÁXICA

(Wolfgang Amadeus MOZART)

 

                                   TEATRO DE NENOS...

                                                                    PARA MOZAS E MOZOS, DE 5 A 99 ANOS.

 

Adaptada polo grupo de teatro interaulas do CEIP Emilia Pardo Bazán

 

MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ÁS 17:00 HORAS

 No salón de actos do Colexio Calvo Sotelo

Obra feita coa colaboración de

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, o CFR de A Coruña,

a ONG Axuda en Acción e a Escola de Imaxe e Son.

 

GRUPO DE TEATRO INTERAULAS

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

A CORUÑA

                                                

 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

Teatro 6º A

O vindeiro xoves día 4 de xuño os actuales integrantes do grupo Bubelas farán a súa derradeira representación.

Será no Salón de usos múltiples ás 16:45 h.

A peza titúlase :"Nais, quen as entende!"

Esperamos contar coa presencia de todas as familias.

Conchy 6º A

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut