Skip to Content

1º Curso EP, 2º Curso EP, 3º Curso EP, 4º Curso EP, 5º Curso EP, 6º Curso EP, Educación Primaria

COIDAMOS AS NOSAS FLORES.

O alumnado de 3º B despois de facer o seu semilleiro, agora está a coidar na casa o cravo chinés.

Qué fermoso o teñen!

A HORTA DE EMILIA.

Tamén plantamos no exterior a carón do cole azul.

E agardamos que medren.

Ás veces temos bo tempo, e as flores xa queren saír adornar os campos.

E xa en breve teremos os primeiros froitos de arándanos.

 

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO TRADICIONAL

Dentro das actividades do PDI deste curso, "Galeguízate", a semana pasada organizamos un obradoiro de baile galego tradicional dirixido ao alumnado de 5º de Primaria. O baile existíu dende sempre en Galicia, igual que en todos os lugares do mundo: bailar era o xeito relacionarse cos demais, de transmitir tradicións e costumes, de desfrutar e pasalo ben. Está asociado á música e ao canto e forma parte da nosa esencia, das nosas raíces, dos nosos sinais de identidade. Por iso, a danza forma parte do patrimonio cultural inmaterial. Pois ben, 6 alumnos e alumnas de 5º foron os encargados de explicarlles aos seus compañeiros/as a orixe do baile galego, onde e cando se bailaba e que tipos había. Asemade, fixeron unha pequena demostración dos bailes soltos, dos agarrados, das danzas e, por último, fixeron bailar a todos e todas con varios bailes-xogo. Botádelle unha ollada a esta presentación e veredes!

 

Convivencia do alumnado de 6º no albergue de ecoturismo Alvarella

O alumnado de 6º de primaria desprazouse ao albergue de ecoturismo Alvarella no concello de Vilarmaior para realizar unha estadía de convivencia e aprendizaxe en contacto coa natureza. Podedes seguir as actividades na seguinte GALERÍA:

Visita á planta potabilizadora da Telva

Dentro do Plan Coruña Educa, dos programas do medio ambiente, o alumnado de 5º e 6º de EP visitan a planta potabilizadora da Telva e o río Mero para potenciar o uso consciente da auga.

planta potabilizadora da telva de Aurora Candal

Carta ás familias de segundo de primaria da Biblioteca Municipal Os Rosales.

Facemos chegar ás familias a seguinte mensaxe remitida ao centro desde a Biblioteca Municipal Os Rosales:

Minimundos

En 1ºC fixemos o noso minimundo de outono. Fai semanas pedimos a colaboraicón das familias para que, xunto cos seus fillos e fillas, recolleran e trouxesen ao cole elementos da natureza de outono. Con isto, ademais de usalo para manualidades, fixemoso noso 1º minimundo. Parimos do mundo que rodea aos noso pequenos e pequenas, con elementos reais e cercanos a eles para recrear unha aprendizaxe simbólica.

CREATIVIDADE E COOPERATIVIDADE!!!

 

Minimundos de Aurora Candal

CONCERTO CORO DAS EMOCIÓNS.

Parabéns ao alumnado participante no "Coro das Emocións" polo seu traballo que fixo posible este marabilloso concerto en colaboración co IES Monte das Moas. Grazas por emocionarnos coa música!

Aquí podedes ver todo o concerto.

 

Visita a Betanzos do alumnado de 5º de primaria.

O alumnado de 5º curso de educación primaria viaxou a Betanzos o pasado martes 14 de xuño onde visitaron o Museo das Mariñas e fixeron unha visita guiada polo casco histórico da "cidade" que segundo aprendimos na visita é un título que xa foi concedido no ano 1465 polo que daquela era rei Enrique IV.

Podedes ver unha escolma de imáxenes da visita nesta galería:

Distribuir contido


by Dr. Radut