COMIDA SAUDABLE, DENTES FORTES!
Estes días estamos investigando que alimentos son saudables e cales non o son tanto.
Sabemos que os que teñen moito azucre provocan caries, por iso só os comemos de vez en cando.
Con esta actividade vemos que alimentos son os que temos que comer para non ter problemas nos dentes, e cales son os que deberíamos evitar.