Skip to Content

FILOSOFIA PARA NENOS/AS

FILOSOFIA PARA NEN@S: “XOGAR A PENSAR”.

 “-Bueno, no importa –dijo el principito-; los niños entienden todo”

A. de Saint-Exupéry. El principito.                                                                                                                                                                                

O programa “XOGAR A PENSAR” elaborado por Irene de Puig (Grupo de innovación e investigación filosófica) e Angélica Sátiro (Pedagoga, escritora, Coord. Programas Filosofía para nenos en escolas brasileiras e formadora de profesorado) ten as súas raíces no proxecto educativo FILOSOFÍA 3/18 que nace en Cataluña a finais da década dos 80, tomando como referente o currículo educativo “Philosophy for children” creado polo filósofo Matew Lipman.

            Esta proposta ten como obxectivo reforzar as habilidades de pensamento na escola, nas etapas de Primaria e Secundaria. Precisamente por abarcar estas etapas foi coñecido co nome de FILOSOFÍA 6/18 ata 1999. 

            Nese momento o profesorado de infantil empezou a demandar unha ampliación do proxecto na que se contemplara a súa etapa e se crease un material específico para estas idades.

Foi así como xurdiu “XOGAR A PENSAR”, para  axudar a favorecer n@s rapaces a adquisición dunha actitude e un pensamento máis crítico ante o mundo que @s rodea.

Propón traballar distintas habilidades de pensamento (observar, adiviñar, formular hipótesis, averiguar, comparar, imaxinar…) a través de actividades con contos, xogos e arte, empregando o diálogo entre os nenos e nenas.

 

A mestra actúa como conductora e estimuladora do pensamento plantexando preguntas e fomentando o diálogo, a discusión, a exposición de distintos puntos de vista sustentados en diferentes argumentos. Coas súas intervencións pretende axudarlles a pensar mellor por sí mesm@s para que sexan capaces de enfrentarse aos problemas da vida cotiá e a atoparlles solucións de xeito autónomo.

 

 MAR Santiago Arca

 

                                                                                                             



page | by Dr. Radut