Skip to Content

ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA ALFABETIZACIÓN

 ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA DE ALFABETIZACIÓN

porque ... para qué serve aprender o que non vale para a vida?

 

É unha adaptación constante da escola ao mundo no que nos toca vivir, por iso pretende que a realidade social que rodea aos nos@s alumn@s entre nas  aulas e para conseguilo propón plantexar é crear situacións na aula similares as que teñen lugar no contorno.

 

@s nen@s chegan á escola con moitas ideas acerca desta realidade na que están inmersos, e avanzan nas súas aprendizaxes na medida en que son capaces de relacionar o traballo da aula coas observacións e vivencias que experimentan fóra dela. O desenvolvemento destacapacidade depende, en boa medida, das oportunidades que as mestras llesbrindemos para facelo.

 

Por iso o traballo escolar  consiste en aproveitar todas as situacións que xorden no grupo e que forman parte da vida d@s nen@s para promover vivencias, experiencias, interaccións e procesos que contribuan a que o alumnado desenvolva estratexias, coñecementos e habilidades que lles sexan útiles para a vida diaria e para interpretar a realidade na que se atopan.

                                          

O proceso metodolóxico que imos seguir na escola, no que o pensamento e a linguaxe son a  columna vertebral, vai a consistir en:

 

  •       Traballar dun xeito contextualizado  a partires dos textos que tod@s manexamos na nosa vida cotiá tal e como son, con toda a súa complexidade (cantos máis e máis variados mellor).
  •           Aproveitar tódalas situacións que integren múltiples informacións e múltiples solucións.
  •           Aprender a facer as cousas xunt@s (grupos cooperativos), respectando a diversidade e  aproveitando as potencialidades de cada persoa.
  •      Darlles o tempo suficiente para procesar o que están a aprender.

 

De qué xeito podedes valorar este traballo? Pois fixando máis a vosa atención nos procesos mentais e estratexias que  poñen en marcha @s nen@s no desenvolvemento dunha actividade, ca no resultado final da mesma.

 

MAR Santiago Arca 



page | by Dr. Radut