NOVAS SESIÓNS DE PATIOS DINÁMICOS
O pasado venres 31 de maio continuamos con outra sesión de "Patios Dinámicos" intentando promover a inclusión e potenciando as habilidades sociais a través do xogo. Neste caso as mestras encargadas foron Eugenia e Antía e os xogos escollidos foron O "Escondite Inglés e Pase Misí, Pase Misá". Un novo éxito de partricipación no que escaseou o tempo para poder atender a demanda do alumnado.
A última ración deste curso de patios dinámicos fixérona Ana e Gloria tamén cun xogo que tivo moita aceptación e que non deixou tempo para facer nengún outro pola alta demanda de participación.
Fotos listas na GALERÍA.