3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade
O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.
COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".
Os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.
Foi moi divertido!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20181203_122543.jpg | 896.29 KB |