A árbore das palabras
A árbore das palabras
O pasado 21 de marzo celebrouse o día mundial da poesía e para conmemoralo decidimos facer unha árbore chea de poesía.
Os máis pequenos fixemos o que máis nos gusta.... pintar coas mans e así preparamos as dúas árbores.
Os amigos maiores fixemos unha poesía na que nomeamos ao amigo pequeno, e os pequenos, un pareado con moita axuda da nosa profe, todas dentro de follas de moitas cores.
E logo os pequenos fomos á aula dos maiores para deixar a nosa folla e recoller a dos maiores.
Gústanos moito estar xuntos e intercambiar os nosos traballos.
E así foi como quedaron as nosas árbores, unha na aula de 3 anos e a outra na aula de 5º.