Xogamos coa xeometría
Durante estas semanas os nenos/as de 4º e 5º de E.P. tiveron que resolver un reto que consistía en conseguir que os robots seguisen un circuíto con diferentes formas xeométricas.
Houbo dúas partes no reto. Na primeira os grupos debían pensar como podían conseguilo utilizando os coñecementos que tiñan sobre os actuadores. Algunhas das solucións foron utilizar os bloques de avanzar e esperar no mBlock e para calcular os desprazamentos que tiña que realizar o robot medían tempo que tardaba e percorrer cada lado da figura.
Algún dos grupos pensou que podían facelo co sigueliñas, pero descoñecían os valores a utilizar e os bloques necesarios.
Posteriormente planeouse un texto que tiñan que pasar á linguaxe do robot e no que tiñan que utilizar os bloques necesarios para que os sensores sigueliñas actuasen de xeito que o robot permanecese dentro do cricuíto. Co alumnado de 5º, con máis experiencia programando con Scratch só tiveron o texto e axuda puntual a través do EDI. Co alumnado de 4º utilizamos unha presentación coa que iamos guiando o proceso.
A última instrución do texto fai que o robot quede parado se ambos sensores saen do circuíto, pero o reto implica que sempre estea en movemento, polo que tiveron que solucionar este último atranco, pensando en equipo para conseguilo. Os grupos que antes resolveron o problema axudaron a aqueles que aínda non o lograran.
A través deste reto traballouse a competencia matemática, lingüística, social e cidadá e a dixital.
Neste vídeo temos algún dos momentos e resultados do reto, na maioría dos casos houbo que probar varias veces o código xa que había erros que tiveron que detectar e despois solucionar.
Bo traballo!