Día do voluntariado
Día do voluntariado
O día 5 de decembro celébrase o día do voluntariado e, como “O meu amigo maior” está dentro do programa do voluntariado miúdo, a Consellería de Xuventude celebrou unha festa no Gaias para todos os nenos e nenas que participamos nestes programas.
Foi moi emocionante porque era a primeira vez que os máis pequenos facían unha saída e ademais, tan lonxe!
Recibíronos os Bolechas antes de entrar no recinto.
Unha vez dentro, e despois de que chegaran todos os convidados, presentaron a guía do voluntariado dos Bolechas e foron subindo representantes dos distintos proxectos para que así os coñecéramos todos.
Os nosos representantes foron Uxía e Mateo que explicaron moi ben en que consistía O meu amigo maior.
Regaláronnos unha guía para cada un e unha tarxeta de voluntarios especiais.
Logo houbo varios talleres e convidáronos a un bocata.
Foi un día moi canso!