NOVO COMEZO
Novo comezo
“Este proxecto é unha continuación pero tamén un comezo, xa que serán novos nenos e nenas e tamén novos niveis porque nun principio estaba pensado para 5º e 6º de E.Infantil e 5º e 6º de E. Primaria pero tendo en conta os bos e gratificantes resultados obtidos, imos traballar con nenos e nenas de 4º e 5º de E. Infantil e 5º e 6º de E. Primaria porque a duración será de dous cursos académicos.
Pretendemos educar ao alumnado en valores solidarios de colaboración e de tolerancia coas demais persoas.”
Con esta declaración de intencións comezamos un novo proxecto de “O meu amigo maior”
Temos a ilusión pero tamén un pouco de medo polo que supón traballar con nenos e nenas tan pequenos aínda que superaremos ese grande reto.
O principio xa o temos, os nosos nenos e nenas xa se coñecen e a partir deste momento só nos queda traballar con eles.