“INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA” NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN
O noso centro foi seleccionado e aparece na relación definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18.
O alumnado de 4º e 5º cursos de educación primaria terá a oportunidade de iniciarse na programación básica, robótica e construcción.
Cada centro seleccionado recibirá unha dotación de material formada polos seguintes mínimos:
- 6 robots de usos educativos, adecuados ás idades do alumnado.
- 6 kits de construcción, que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.
- Manual de uso e gúia didáctica.