Skip to Content

RECORDATORIO SOBRE ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO

Estimadas nais, pais, titores legais, familias,

Mañá luns día 25 o alumnado de 4º de educación infantil iniciará a xornada lectiva en horario completo, porén e para evitar aglomeracións e atascos innecesarios facémosvos unha serie de recomendacións:

·         O alumnado usuario do servizo Madrugadores, será entregado no centro polas monitoras do servizo.
·         Ao  alumnado que vén coa súa familia e/ou responsables directamente ao centro, prégaselle puntualidade. A puntualidade é un valor formativo que hai que traballar día a día.
·         O alumnado pode acceder directamente á zona de entrada no aulario infantil acompañado das familias
·      Os familiares e/ou responsables  do alumnado non poderán acceder ao interior do aulario de Educación Infantil salvo por autorización expresa dun mestre ou mestra.
·         A saída será uns minutos antes de que soe o timbre ás 14:00 h., os familiares esperarán fronte a cada unha das aulas na zona do patio infantil.  
·         En caso de que teñades que a recoller os vosos fillos antes do remate das clases, teredes que avisar ao titor/a e asinar no libro de rexistro de saídas durante o horario lectivo.
·         O portalón de entrada debe estar despexado para que o alumnado poida acceder ao centro sen dificultade, este abrirase no momento no que chegue o autobús de transporte escolar (8:50h.) para permitir o acceso do alumnado. Antes desa hora non se pode acceder ao centro.
·         Por último lembren que tanto no paso de peóns coma na zona reservada para o transporte escolar está prohibido estacionar, é necesario que permanezan  libres estas zonas  para que circule con fluidez o autobus e tamén para minimizar o risco de posibles accidentes. Respeten tamén as prazas de aparcamento reservadas para persoas con discapacidade.

 

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

Setembro 2017



page | by Dr. Radut