CONTINUAMOS A PARTICIPAR NO PROXECTO DO XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA
Despois da enriquecedora experiencia do curso pasado que nos permitiu formar parte dunha proposta medio-ambiental documentada a nivel mundial (na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC en Madrid, no ENCUENTRO NORIA e no 9º Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social en América Latina), comezamos o mes de setembro con novas ideas para o xardín pensadas coa sabedoría e experiencia que nos proporciona un ano máis (agora o nivel está formado por nenos e nenas de 4 anos).
Póster oficial coa nosa experiencia, financiado pola editorial Octaedro.
Exposición en Madrid (España) e en Bogotá (Colombia)
Persoalmente quero darlle as grazas a Angélica Sátiro por non dubidar de que íamos ser capaces, tanto o meu alumnado como eu, de facer aportacións tan interesantes ao proxecto; a Sacramento López por explicar a fundamentación pedagóxica do noso xardín ao mundo e a todas as marabillosas xardineiras que durante o desenvolvemento do ICPIC 2017 non deixaron de encherme de cariño recordándome que eu tamén estaba presente en Madrid, aínda que non fisicamente. Foi incrible ter a oportunidade de formar parte dunha experiencia colectiva como esta!
E este curso máis. De novo, poderedes seguir o desenvolvemento, na páxina de Facebook creada para dito proxecto.
MAR Santiago Arca, setembro 2017