Skip to Content

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO 2017-2018

 

Dámoslle a benvida a tódalas familias da comunidade educativa do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN, especialmente ao alumnado que inicia a súa escolarización o presente curso escolar.

A continuación informámoslles dalgúns temas de interese para o bo funcionamnto do colexio:

* O curso escomezará o día 11 de setembro de 2017 e finalizará o 21 de xuño de 2018.

* O horario de funcionamento do colexio será o habitual:

+ Programa Madrugadores: 7:30 - 9:00 horas.

+ Sesións lectivas: 9:00 - 14:00 horas.

+ Comedor Escolar: 14:00 - 16:00 horas.

+ Actividades Extraescolares: 16:00 - 18:00 horas.

* O alumnado de 4º curso de educación infantil (3 anos) seguirá o horario establecido no seu Calendario de Adaptación ata o 22 de setembro.

* Os períodos vacacionais serán:

+ NADAL: desde o 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.

+ ENTROIDO: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.

+ SEMANA SANTA: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.

+ DÍAS NON LECTIVOS: 7 de decembro (Día do Ensino), 8 de marzo (festivo local) e 18 de maio (este último pendente de aprobación).

* A entrega dos Boletíns Informativos sobre o rendemento escolar do alumnado, realizarase nas seguintes datas:

+ 1ª Avaliación: 21 de decembro de 2017.

+ 2ª Avaliación: 23 de marzo de 2018.

+ 3ª Avaliación: 21 de xuño de 2018.

As primeiras reunións de titoría coas familias serán nas seguintes datas:

Por razóns organizativas a reunión titorial coas familias de 2º curso de primaria adiántase ao día 28 de setembro. A reunión coas familias de 1º curso de primaria adiántase ao día 5 de outubro. E a reunión coas familias de 3º de primaria pasa para o día 10 de outubro.

Día

Hora

Cursos Etapa

28 de setembro

16:00

2º Primaria

29 de setembro

16:00

6º Primaria

3 de outubro

16:00

5º Primaria

4 de outubro

16:00

4º Primaria

5 de outubro

16:00

1º Primaria

10 de outubro

16:00

3º Primaria

11 de outubro

16:00

6º Infantil

13 de outubro

16:00

5º Infantil

17 de outubro

16:00

4º Infantil

 

* As familias do alumnado de 5º de primaria serán informadas das características do Proxecto de Libro Dixital EDIXGAL na primeira reunión titorial, prevista para o día 3 de outubro de 2017. O obxectivo é dar a coñecer básicamente o equipamento tecnolóxico, así como a plataforma de traballo a utilizar, e as normas e rutinas básicas de uso dos materiais. Por suposto, tamén procuraremos aclarar as dúbidas iniciais na posta en marcha deste proxecto.

* O horario de titoría individualizada co profesorado, segue a ser, os luns de 16:00 a 17:00 horas, previa petición de cita.

* O COMEDOR ESCOLAR e o PROGRAMA MADRUGADORES funcionarán desde o día 11 de setembro. Estes servizos son xestionados pola ANPA Milnen@s e a empresa Jardanay.

* Lembrámoslle a toda a Comunidade Educativa as prohibicións de fumar dentro do recinto escolar, así como a de entrar con animais.

* Informámoslles da prohibición de entrar no recinto escolar fóra do horario de funcionamento establecido para cada actividade.

Esperamos contar coa súa colaboración para cumprir as Normas de Organización e Funcionamento (NOF) das que salientamos as máis importantes:

O colexio abrirá diariamente as súas portas ás 8:50 horas.

O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar ata o patio cuberto.

O alumnado de educación infantil entrará acompañado dos seus familiares ata a porta de entrada do aulario infantil.

Non está permitida a presenza de familiares polos corredores do colexio no horario lectivo, agás para acceder a zona administrativa.

Deberá evitarse a atención do profesorado nos horarios de entrada e saída para temas particulares. Calqueira incidencia deberá notificarse por escrito .

O alumnado non pode traer ao colexio teléfonos móbiles, reproductores de música, xoguetes ou calquera aparello electrónico.

As familias do alumnado de educación infantil que necesiten acceder ao aulario infantil, durante as sesións lectivas, deberán dirixirse ao persoal de conserxería no edificio de educación primaria identificándose debidamente e indicando o motivo da visita.

As saídas ou entradas do alumnado ao longo das sesións lectivas deberán xustificarse debidamente ante o/a titor/a. No caso das saídas o adulto acompañante asinará no rexistro de saídas. Os retrasos na puntualidade consignaranse no libro de rexistro, considerándose a reiteración de faltas de puntualidade como faltas de disciplina.

Segundo a Lei de Convivencia do 30 de xuño de 2012, lembrámoslles as familias "o deber de respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias".

Para calquera dúbida, solicitude ou suxestión estamos a súa disposición nos teléfonos

Primaria

981276781

Infantil

981258528

ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es

Agradecemos a súa colaboración e desexamos un feliz curso escolar a todas e a todos.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

 



page | by Dr. Radut