Skip to Content

O NOSO CAMIÑO ATA O XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA

O proxecto “El jardín de Juanita”, proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria (curriculum de filosofía para nenos e nenas), consiste en traer ao mundo real un xardín inspirado no do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, ed. Octaedro, 2004) que é o hábitat onde nace o personaxe principal (Juanita) e onde viven os seus amigos.

Dende o mes de outubro, semanalmente e de xeito continuado, realizamos micro sesións de “Xogar a Pensar” nas que dialogamos sobre os personaxes do conto, a súa maneira de ser e actuar, o entorno natural no que se atopan, as súas implicacións na nosa vida diaria … e sempre rematamos cunha reflexión que leva a unha actuación sobre o xardín.

O feito de que a nosa parcela estea lonxe do aulario, levounos a debuxar o mapa do camiño que recorriamos todos os venres para que poidades coñecer este espazo natural que no vindeiro curso manteremos e melloraremos.

Está a ser un pracer, para os nenos e nenas e para as persoas e colectivos (escolas, obradoiros e colectivos sociais) dos 7 países que estamos a participar, desenvolver a nosa conciencia ecolóxica dende diferentes enfoques.  Porque en  España, Portugal, Italia, México, Colombia, Uruguay, Arxentina e Brasil temos moitas e variadas apreciacións de como poder ser un xardín.

Ademais  da divulgación de todo o proceso durante o curso en facebook, teremos a oportunidade de dar visibilidade á nosa labor coa elaboración dun póster para un stand na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC que se vai a realizar na Universidade Autónoma de Madrid do 28 de xuño ao 1 de xullo. Tamén estará no ENCUENTRO NORIA e no 9º CICI (Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social) en México durante o mes de Xullo.

MAR Santiago Arca, 28 maio 2017



page | by Dr. Radut