A AVENTURA DE CREAR COMO MARY HEILMANN
Mary Heilmann é unha artista estadounidense, que vive e traballa en Nova York. É coñecida polas súas pinturas abstractas, cerámica e mobles.
Como toda a súa obra se caracteriza por un uso lúdico da cor, a liña e a forma, no Recanto da Arte e xa convertidos/as nos/as mellores artistas pop, agudizamos o noso enxeño para ”pintar” con pezas xeometricamente diferentes en cor, tamaño e forma.
Na caixa de luz, reproducimos algunhas das súas estéticas …
… pero rematamos creando as nosas propias obras, aparentemente tan simples que é inevitable sorrir fronte a elas pola ledicia que irradian.
Confirmamos así que o traballo de Mary Heilmann foi tan influínte para os artistas novos como para nós (que tamén o somos).
MAR Santiago Arca, Marzo 2017