Skip to Content

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte



blog | by Dr. Radut