Skip to Content

BUBELAS E BUBELIÑAS

 

 

 

O martes, día dez de xuño foI un día moi especial. Dentro do proxecto “O meu amigo maior” os nenos de 5º A de Educación Primaria e 5º B de Educación Infantil representamos unhapequena peza de teatro titulada: “Os contos de Manuel María”. Pasámolo todos moi ben, pais, nais, avós, amigos. . . pero sobre todo os pequenos e grandes actores que con tanta ilusión e un pouco de medo,esperaban ese día.

 

Foi a culminación dun curso no que os nenos coñecéronse e empezaron a quererse cada xuntanza un pouco máis. Os pequenos atoparon, nos seus amigos maiores, alguén a quen admirar e traerlle, ás veces, un debuxo ou calquer pequeno agasallo feito, sobre todo, con moito agarimo. Os maiores atoparon, nos seus pequenos amigos, alguén a quen coidar e a maneira de facerse, poucoa pouco, algo máis responsables. En definitiva, aprenderon a madurar.

 

A nós, as profes, emocionounos moito velos traballar xuntos e como buscaba cada un á súa parella para traballar, xogar ou simplemente darse a man e camiñar xuntos. Esperamos que o vindeiro curso sexa, cando menos, coma este.

 

 

Conchy e Aurora. 

 

 

 
 
 
 


page | by Dr. Radut