XADREZ NO COLEXIO
O alumnado que desexa xogar ao xadrez pode facelo os martes e os xoves durante os recreos no Salón de Usos Múltipes. Poden participar alumnos/as de 3º a 6º curso de educación primaria que baixo as orientacións do mestre Pedro de Uña Álvarez poñen en práctica as súas aprendizaxes.
O xadrez pemite ao alumnado desenvolver a atención, a concentración, a memoria visual, o razonamento lóxico e a creatividade, todo isto imprescindible na resolución de problemas.
A práctica do xadrez busca melloras no aspecto social, lograr o respecto ás reglas, á deportividade tanto no gañar coma no perder e respecto ós demais con independencia da idade, o sexo, a condición social ou racial.